O Concello de Ribeira puxo en marcha dous procesos selectivos para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e catro condutores de vehículos motobomba. A convocatoria pódese consultar no Boletín Provincial (BOP) deste luns 4 de xullo.

A brigada contra o lume estará formada por un xefe de brigada, tres peóns de brigada e un peón condutor. A duración dos contratos será de tres meses.
No caso dos catro motobombistas, o contrato será de tres meses e medio. As súas funcións están orientadas á prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Solicitudes
As persoas interesadas en presentar as súas solicitudes xunto co resto da documentación disporán de 5 días hábiles en ambas convocatorias, contados a partir deste 5 de xullo.
As bases de contratación e o documento de solicitude de participación no proceso están aloxadas na web www.ribeira.gal (taboleiro de anuncios).



