CONGALSA promove a XI Regata Volta a Sálvora, que se celebra o 9 de xullo

01 Xullo 2022

Juan Caballero.– A sede do Club Náutico Deportivo de Ribeira acolleu este venres 1 de xullo a presentación da XI Regata CONGALSA – Volta a Sálvora, unha das citas clásicas na comarca do Barbanza que ten por misión circunnavegar a illa que protexe a entrada á ría de Arousa, o vindeiro 9 de xullo.

Coa intervención de Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA, o acto estivo coordinado polo presidente do Náutico de Ribeira, José Luis Torres Colomer, acompañado por José Luis Lomba, Justo Arevalillo e José Díaz, do equipo directivo da entidade deportiva.

“A Regata CONGALSA – Volta a Sálvora ten programados dous percorridos que, en función da meteoroloxía á hora da saída, o comité da regata decidirá cal é o máis conveniente para contornear a illa de Sálvora”, explicaba Lomba, encargado de comentar as características técnicas da proba.

Pola súa banda, a directora de Relacións Externas de CONGALSA sinalou que “a excelente organización, ano tras ano, do Club Náutico Deportivo de Ribeira, foi a clave para a consolidación desta proba que apoia a nosa empresa desde o seu inicio. Cada ano colaboramos con numerosas entidades da nosa contorna que compoñen diferentes modalidades deportivas. Nesta liña imos seguir traballando, posto que estamos convencidos que os valores do deporte son un dos alicerces que poden axudar a construír unha sociedade mellor”.

Colomer, pola súa banda, dicía que “a previsión inicial de participantes pode estar a roldar as 25 unidades, que é un bo número de barcos”. Ademais, engadiu, “hai que ter en conta que a Regata CONGALSA forma parte do Circuíto 50ª Aniversario deste club, polo que puntúa para o premio final”.

A XI Regata CONGALSA celebrarase o sábado 9 de xullo e está destinada ao tres divisións naturais da clase ORC: Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, tendo por derrota a volta á illa de Sálvora, con varias opcións de percorrido, dependendo das condicións meteorolóxicas e o estado da mar.

Os vencedores da edición do pasado ano foron o Ziralla Primero, de Ramón Barreiro, con grímpola do Ro Yacht Club, que gañaba en Regata; o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona, que gañaba a división do Cruceiro/Regata;e o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro, facía o propio en Cruceiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.