“Cinco meses despois do naufraxio, todo segue igual no Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

15 Xullo 2022

Xa se ve: os mortos non contan. Os mortos non aparecen na memoria histórica do mar. Os mortos non forman parte do estado da Nación. Para eles, os mortos, só hai memoria nos membros das súas familias. Estas, como vítimas da traxedia rexistrada na mencida do 15 de febreiro de 2022 a 250 millas da illa de Terranova cun saldo de 21 mortos e 3 sobreviventes, recorreron ao Parlamento Europeo na percura de axuda para que a Eurocámara medie diante do Goberno español para que este decida dunha vez investigar “in situ” –é dicir, no propio pecio do Villa de Pitanxo- que foi o que aconteceu naquela longa noite na que, presumiblemente, poido máis, moito máis, o afán de salvar a copada de peixe que se suponía importante económicamente para a compañía armadora e o historial do patrón, que dar seguridade ás vidas dos mariñeiros. Estes foron, finalmente, os que pagaron coas súas vidas o afán dos cartos.

E mentres tanto, o Goberno español ollando ao lonxe porque, é un supor, coida que non está obrigado a investigar as causas  do naufraxio do Villa de Pitanxo. Nen moito menos, interesado en asumir que está obrigado por lei a realizar esa investigación mesmo no que quede do buque afundido estea este onde estea.

Cinco meses de loito entre as 21 familias. Cinco meses de ir e vir. De non parar en cavilacións en Galicia, en Suramérica. En África. Perdéuse un barco, sí; pero paga o seguro por el. Un seguro que tamén respondeu ou responderá polas mortes de 21 homes que deixaron en terra fillos, esposas, país.

Cinco meses, sí. E nunca máis o Goberno español nen os partidos políticos

que conforman Congreso e Senado falarán de empregar os medios que o Estado ten para baixar ao pecio e informar, como é a súa obriga, do que en realidade pasou aquel inesquecible 15 de febreiro-

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.