Boiro propón ao pleno a renovación da cuberta do polideportivo da Cachada

26 Xullo 2022

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación na próxima sesión plenaria o proxecto para a construción dunha cuberta para o pavillón municipal da Cachada. A actuación, dun importe de 172.788,48 euros, estaría financiada con cargo ao remanente de tesourería, así o anunciaron o alcalde,
José Ramón Romero, e a concelleira de deportes, Dores Torrado, nunha vista ás instalacións do Complexo Deportivo acompañados do arquitecto municipal.
“O teitume actual presenta deficiencias, que se foron solucionando de maneira puntual, e con esta actuación solucionaranse os problemas de entrada de auga”, anunciou a Concelleira. Con esta actuación o que se pretende é a instalación dunha estrutura metálica na zona do pavillón para proporcionar unha maior pendente e realizar unha cuberta en dúas augas en lugar da actual que é horizontal e moi pouco operativa durante a época de choivas e que xera filtracións de auga e goteiras na pista.
“Nos últimos meses realizáronse importantes inversións no Complexo Deportivo para solucionar os problemas e deficiencias cos que contaba a instalación”, recoñeceu o alcalde. O Concello de Boiro investiu nos últimos anos máis de 450.000 euros na instalación para realizar unha renovación
integral das instalacións que se atopaban nun estado de abandono e non reunían as condicións axeitadas de seguridade e hixiene para a práctica deportiva. “Realizouse a mellora da cuberta e falsos teitos da piscina e zonas de acceso, renovación da máquina de deshumidificación e renovación do sistema de filtrado da auga; mellora da iluminación, ampliación das gradas, renovación do parqué da pista e outras actuacións de acondicionamento xeral… agora queda pendente concluír a renovación dos baños e a renovación da cuberta do pavillón”.

Así o anunciou o alcalde durante unha visita ás instalacións para coñecer o estado de execución das obras de renovación dos vestiarios e baños do complexo deportivo. Unha actuación dun importe de 276.199 euros e que comprende a renovación dos vestiarios da planta baixa de acceso á piscina climatizada; dos vestiarios do semi-soto da pista deportiva; os vestiarios específicos para árbitros da planta semi-soto e dos baños públicos tamén do semi-soto. “Neste momento estase a realizar o revestimento dos vestiarios da pista deportiva e os vestiarios. O resultado final da actuación vai ser unha zona de vestiarios con máis capacidade que os existentes e coas máximas garantías de hixiene e protección antifungos, adaptados ás necesidades das persoas usuarias”, afirmou o arquitecto municipal Emilio Piña.
O Concello de Boiro, no Pleno ordinario do vindeiro xoves, propoñerá para súa aprobación unha modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería para financiar as actuacións da cuberta do pavillón e eliminar as filtracións de auga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.