BNG demanda ampliar os servizos da oficina de Correos de Ribeira

03 Xullo 2022

 O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra novas iniciativas sobre a mellora dos servizos da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos. Neste caso, a organización nacionalista demanda ampliar o horario da oficina do Concello de Ribeira, ampliándoo para prestar servizo durante as tardes, para atender de maneira adecuada as necesidades actuais da veciñanza. Así mesmo, Rego expresa a necesidade de cubrir a totalidade das prazas vacantes de maneira que se asegure un adecuado mantemento dos servizos durante as vacacións ou as baixas do persoal.

“A empresa pública de Correos ten o deber de garantir un servizo público de calidade e accesíbel para toda a poboación: tanto nas zonas urbanas como nas zonas máis rurais” salienta o deputado nacionalista. Baixo esta premisa, Néstor Rego sinala a necesidade estabelecer unha estratexia en prol do mantemento da actividade do Servizo Postal Universal.

Hai uns anos, a sociedade pública de correspondencia acometeu unha modernización nas instalacións de Ribeira, Concello cabeceira da comarca da Barbanza que conta cunha poboación de case 27.000 habitantes. Con todo, a organización nacionalista entende que “é imprescindíbel que se aumente o horario de atención ao público, procedendo á apertura da oficina en horario de tarde para prestar un servizo moderno, eficiente e ampliado”.

“Esta medida, ademais de xerar novos postos de traballo, redundaría en beneficio da veciñanza de Ribeira, facilitaría unha mellor atención, un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades actuais, con menor tempo de espera e facilitando a organización do traballo das empresas, do comercio e das persoas usuarias” puntualiza o deputado do BNG. De facto, durante o verán, a poboación de Ribeira aumenta considerabelmente  sumando outros 17.000 habitantes e mesmo chegando até 60.000 persoas na tempada máis alta.

Para o deputado do BNG, tamén é preciso que se cubran todos os postos vacantes, ben polo goce de vacacións, baixas ou permisos, e sobre todo nos meses de verán, momento en que o volume de traballo na oficina é maior debido ao aumento da poboación. “Desta maneira, aseguraríase unha adecuada cobertura e mantemento dos servizos” destaca.

Rego destaca tamén a necesidade de estabelecer unha estratexia en prol do mantemento da actividade de Correos, especialmente en sectores relevantes como a distribución de paquetes que agora realiza Correos Express, para o que opta de forma crecente pola contratación de persoas autónomas. “Este tipo de actuacións son, no fondo, unha maneira de privatización xa que se baleira de clientes á empresa matriz no canto de apostar por realizar todos os servizos con persoal propio, cuestión que permitiría manter e mellorar o servizo público universal de correos” sinala o deputado do BNG. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.