As instalacións da vella comisaria de Ribeira son xa de titularidade do Concello

06 Xullo 2022

Vella Comisaria de Ribeira, antigo edificio do “Frente de Juventudes”

O edificio da antiga Comisaría de Policía Nacional de Ribeira xa é oficialmente do Concello de Ribeira logo de formalizarse esta mañá a reversión do mesmo.
O acto de reversión foi asinado esta mañá na casa consistorial polo alcalde Manuel Ruiz e polo comisario provincial da Policía Nacional da Coruña, Fernando Javier Rodríguez Marty, estando tamén presente o comisario xefe en Ribeira, Diego Amaya.
Despois da rúbrica e a entrega das chaves, os tres desprazáronse ata o inmoble, situado na avenida Miguel Rodríguez Bautista, para observar in situ o estado das instalacións.
A intención do Executivo é ceder este edificio á Consellería de Educación coa fin de destinalo a ampliar a instalacións do veciño Colexio O Grupo.
Cómpre recordar que a reversión ten lugar logo de que os efectivos do Corpo Nacional da Policía asignados ao noso municipio dispoñan dunha nova sede na avenida das Airós, en Fontán.
A antiga comisaría comezou a funcionar como tal en xuño de 1989.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...