Amicos participa por tercer ano nun dos campos de voluntariado ambiental da Xunta de Galicia

13 Xullo 2022

Amicos leva dende o 4 de xullo participando na terceira edición do campo de voluntariado ambiental inclusivo da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. Os integrantes da asociación organizaron hoxe un encontro na praia da Corna, en Ribeira, para dar a coñecer as actividades medioambientais que tiveron lugar durante estes días e que se seguirán a desenvolver ata o mércores, 15 de xullo.
Os 14 voluntarios, de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, viñeron de diferentes puntos
de España como Madrid, Málaga, Zaragoza, Allariz, Nigrán e da comarca do Barbanza: Boiro,
Pobra, Ribeira, Palmeira e Noia. Como destacou Xoan España, director xeral da Asociación: “Fan
un traballo espectacular na realización de actividades de alto valor añadido”. Engadiu que é unha
acción inclusiva “para convivir e desfrutar”.
Unha das voluntarias é Adriana Miguéns, residente no Fogar Amicos, que se mostrou moi
contenta de participar no campo de traballo e explicou as actividades que están a facer.
Algunhas delas son: eliminación de especies invasoras no Parque Natural de Corrubedo,
eliminación de residuos mariños en Sálvora e a instalación do hotel de insectos nas Illas Cíes.
Entre os asistentes estivo Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado que alabou as tarefas dos voluntarios que “levan dende o día 4 facendo un traballo
intenso de conservación do medio ambiente e posta en valor dos recursos patrimoniais naturais
que temos na nosa comunidade”. Rematou o acto recordando o lema da Xunta de Galicia de
este verán, ‘O verán que queres contar’, e desexando aos voluntarios “que queirades contar o
que vivistes aquí estos días”.
Tamén presente no acto estivo Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Patrimonio
Natural que quixo agradecer aos participantes no campo de voluntariado dende o punto de vista
do medio ambiente todas as accións que “levan facendo estas semanas”
Genoveva Hermo Santos, Concelleira de Medio Ambiente de Pobra do Caramiñal, animou a que
este tipo de iniciativa “se siga facendo porque é unha actividade moi positiva para a sociedade
e o medio ambiente” e María José Sampedro Fernández, Tenente alcalde de Ribeira desexou aos presentes que “disfrutedes de este campo, que aprendades moito e que transmitamos ao
resto da sociedade esa conciencia de coidar o medio ambiente”.
A xornada rematou coa participación de todos e todas os presentes nunha acción de
sensibilización ambiental a través do xogo de RE-MAR. Asímesmo, os asistentes poideron
coñecer o tipo de residuos mariños que se soen encontrar nas limpezas de praia de primeira
man, pois os voluntarios comezaron o día de hoxe facendo unha recollida de lixo na propia praia
da Corna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.