Ambar presentou en Ribeira un espectáculo escénico dirixido por Fran Sieira

30 Xullo 2022

A Porta do Sol de Ribeira (praza da Igrexa) foi este venres 29 de xullo o escenario para a presentación dunha peza de artes escénicas dirixida por Fran Sieira para Mar Diverso , o festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, financiado polo GALP da Ría de Arousa.

O coreógrafo estivo traballando co grupo de artes escénicas de Ambar formado por Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Paula Ramallo, Montse Queiruga e Mercedes Ríos, coñecidas polas pezas artísticas Elas e As paisaxes de Camille e galardoadas co premio Begoña Caamaño no 2021.

Nestes últimos meses compuxeron unha peza escénica única que fala de costa, do mar e transpórtanos a través da arte, do movemento e a música ao que a elas lle inspira o lugar no que vivimos. A peza inaugurouse o pasado venres 22 na praza de Fefiñáns de Cambados e este venres a veciñanza de Ribeira tivo ocasión de desfrutala de novo na praza da Igrexa.

Presentou a actuación Zeltia Iglesias, técnica de inclusión de Ambar e coordinadora de Mar Diverso. Parte das súas palabras na apertura foron para un compañeiro moi querido pola familia Ambar que faleceu na mañá deste venres 29. “A actuación de hoxe vai dedicada a José Manuel Calo, unha persoa que levaba moitos anos formando parte da nosa familia, sentimos moito esta perda e queremos honralo como merece”, declarou Zeltia Iglesias.

Para pechar a ruta de Mar Diverso mostrarase ao público a escultura realizada polo grupo de artesás e artesáns con Óscar Aldonza, que serán os encargados de facer o peche do festival. A inauguración de peza será este domingo 31 ás 12:30 no Mercado de Abastos da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.