Adxudicado o mantemento dos campos de céspede artificial de Oleiros e Carreira

05 Xullo 2022

O Concello de Ribeira adxudicou con carácter definitivo o servizo de mantemento dos campos de fútbol de céspede de artificial da Trinidade (instalación situada na parroquia de Oleiros) e A Guía (na parroquia de Carreira). Fontes do Consistorio engaden que das catro ofertas presentadas a mellor valorada resultou a da empresa Mantén S.L., conforme a unha proposta de 8.767,76 €, IVE incluído.

O Campo de Fútbol de Oleiros

A duración do contrato é de dous anos contados a partir da firma do mesmo, pudendo prorrogarse con carácter anual por un máximo de dúas prórrogas.

Segundo o prego de prescricións técnicas, realizaranse catro actuacións en cada un dos campos sintéticos (con superficies de 6.500 metros cadrados cada un deles), acudindo nun máximo de 48 horas a requirimento do responsábel do contrato, cando as circunstancias así o requiran, especialmente por despegado de liñas, ou deterioro de zonas que supoñan perigos para os deportistas.

O Campo de Carreira

Os labores a realizar inclúen: limpeza de superficie, aireación do revestimento, cepillado do céspede, verificación do encolado de xuntas e liñas de xogo, puntos de penalti, desherbado, revisión e regulación do sistema de rego, enchido de area ou caucho en caso de necesidade, control do nivel de recheo e limpeza de canaletas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.