Activistas ocupan a illa da Creba para reclamar a súa devolución ao pobo

09 Xullo 2022

A Plataforma pola Recuperación da Illa da Creba informa de que dende primeira hora deste sábado 9 de xullo ducias de activistas veñen de desembarcar na illa para realizar unha ocupación simbólica e pacífica da mesma. “Reclamamos que A Creba sexa devolta a mans públicas e o cese da privatización e especulación na mesma”, sinalaron, ao tempo que engadiron que ficarán na illa “por tempo indefinido”.

O grupo partiu esta mañá do porto de Esteiro realizar, nas súas palabras, “unha ocupación simbólica e pacífica desta illa, hoxe privatizada, e que debe ser devolta ao seu lexítimo propietario: o pobo galego” explicou Rodrigo Molinos “Bolato”, veciño de Esteiro e voceiro da actual plataforma. Á súa chegada despregaron unhas enormes letras nas que se pode ler “A Creba é do pobo”. Tamén puido verse unha gran bandeira da patria situada no illote coñecido como A Pedra Vella.

A illa da Creba atópase na ría de Muros e Noia, a 200 metros de punta Uhía, na parroquia de Esteiro (concello de Muros) e desde a Plataforma lembran que “a veciñanza de Esteiro era a propietaria dos terreos comunais da illa até que no ano 1922 se inscribise como ben privado no rexistro do Concello de Outes”. E engaden: “A partir daquí todo son irregularidades e aberracións permitidas tanto polo Goberno do Estado español como da Xunta de Galiza, como a construción dunha vivenda ilegal na illa no 1.981 ou espigóns, rampla e recheos no ano 1989, ocupando 5.140 m2 de dominio público marítimo terrestre”, explicou Bolato.

A plataforma acompañou a ocupación cun chamamento á veciñanza de Esteiro e a todas aquelas persoas que “queiran sumarse á reivindicación de que a illa debe volver a mans públicas” para que se acheguen este sábado até a Creba sumándose á protesta.

Informan de que hai embarcacións dispoñíbeis que partirán desde o porto de Esteiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.