A Xunta anuncia a rehabilitación integral do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, en Dodro, cun investimento de máis de 1,4 M€

21 Xullo 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou, esta mañá, que a Xunta de Galicia vai acometer unha rehabilitación integral do colexio CPI Eusebio Lorenzo Baleirón que suporá un investimento de máis de 1,4 millóns de euros.

No encontro o representante do Goberno galego deron conta dos pormenores da actuación, que se licitará en breve, e que suporá unha renovación integral de todo o edificio mellorando a súa eficiencia enerxética e a comodidade para os seus usuarios.

Segundo explicou Trenor a intervención recolle a renovación de todo o envolvente da edificación: fachadas, cubertas e carpinterías;  a substitución de todas as instalación de luminarias e a mellora da accesibilidade coa construcción de novas rampas e renovación de pasamáns. Ademais, está prevista a execución dunha pérgola na zona de acceso e a substitución da pérgola existente entre o edificio de primaria e secundaria.

A obra tamén contempla actuacións no interior do inmoble, coa reforma dos aseos de primaria e coa renovación da biblioteca actuando para que os espazos sexan máis iluminados e ventilados e renovando o chan.

A intervención completarase co pintado completado do centro e coa mellora do revestimento no patio cuberto central. Tamén está prevista a substitución dos falsos teitos no interior, nos patios exteriores e no porche do edificio de primaria.

Isto, segundo explicou o delegado, vai aliñado co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia que ten como obxectivo principal impulsar novos espazos escolares “máis innovadores, sostibles e confortables, acordes cos novos retos de futuro da educación”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.