“A terra das mil ramplas”. Antón Luaces

30 Xullo 2022

Vai algún tempo tiven a oportunidade de falar cun concelleiro socialista de Ribeira en relación a unha especial peculiaridade deste municipio, en boa medida aplicable a outros da comarca “barbanzónica” (como gustaba dicir ao tristemente desaparecido Carlos García Bayón, antigo profesor de varias xeracións de ribeirenses e arquiveiro do concello). Esta peculiaridade foi ben significativa: o alto número de ramplas e peiraos existentes en todo o litoral, desde Boiro a Noia, que se facía máis evidente no territorio de Ribeira, poboación esta que naceu precísamente -ao dicir do propio García Bayón- no Peiral ou Peirao, lugar ocupado ata o día de hoxe pola casa familiar dos Colomer e as instalacións do seu secadoiro de bacallao e outras antigas edificacións que falaban por sí soas dese pasado e, nomeadamente, do carácter mariñeiro do antigo pobo.

O paso do tempo fixo que se perdera unha das características do bordo litoral de Ribeira que o devandito concelleiro dixo, nesa conversa telefónica que mantiveramos, tiña interese en recuperar ou, cando menos, que non continuase o seu declive: a defenestración desa característica que, en Ribeira, permitía o atraque de calquera embarcación pesqueira grazas, de seguro, ás moitas conserveiras e salazóns existentes.  Moitas destas fábricas, hoxendía desaparecidas por mor da especulación, xa deixaran de cumprir as súas función nos anos 50 do século pasado: por exemplo a fábrica de salazón de Bandaurrío, propiedade da familia “dos de Sofía”, situada a carón da fonte e lavadoiro público deste populoso barrio, zona esta de beiramar que contaba cunha rampla situada a escasos metros do edificio do que fora  mercado municipal de verduras e legumes e, un cento de metros máis adiante e cara á Pedra Pateira, o peirao de Cerqueiras, cuxo entronque co salido da fábrica estaba construido en madeira -uns dez ou quince metros de extensión por aproximadamente dous de ancho- e o resto, que xa cubría o mar, en pedra e cemento. Rampla e peirao, desaparecidos nas accións urbanísticas levadas a cabo para construir o vial que agora une ese barrio do Peiral ou Peirao con Fontán e o Touro.  E a outra fábrica de salazón citada, construida en pedra e coas súas pías tamén de pedra, estaba na beiramar da praia de Area de Secada, dispoñendo a mesma dun posible punto de amarre para as embarcacións a menos de cen metros de distancia.

As conserveiras Briz e Valeiras, ambas as dúas situadas a carón da praia de Area de Secada, dispuñan tamén dunha rampla construida en cemento  que daba servizo as devanditas conserveiras e que obrigaba aos barcos que utilizaran os seus servizos a facer verdadeiras manobras para poderen atracar nos seus escasos dez metros de liña de amarre.

Estas ramblas ou peiraos, despareceron. Non houbo contemplacións. Como tampouco as houbo coas ramblas de Canucho e dos Alemáns e, con anterioridade, as do Avadiño, o Colón ou a rambla da lonxa de peixe onde moitas veces de cargaban ou descargaban as reses que se vendían no vello Campo da Feira, situado este ás costas do que fora o cuartel de Garda Civil.

Outras ramblas había na Ameixida, en Castiñeiras (substuituída por un peirao) e Aguiño (tamén cambiada por un máis que necesario peirao).

Todos estes cambios ou modificacións fixeron que o fermoso bordo litoral de Ribeira se transformara, non sempre para ben, dun xeito definitivo. O que aconteceu asimesmo cos recheos levados a cabo con tampouco moitos acertos (ao meu xuizo).

Sí, Ribeira foi a terra das mil ramblas (por dicir un número moi esaxerado), como a terra das mil danzas foi un éxito do gran Wilson Picket .  

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.