“A randeeira nunha cabicha”. Antón Luaces

23 Xullo 2022

Randear foi a ilusión de millóns de cativos en todo o mundo. En Galicia, os nenos randeabamos na póla dunha maciñeira, na randeeira que facIa o pai de algún membro da cativería nas súas horas libres ou, xa para nota, nas que instalaban os feirantes en prazas ou lugares axeitados durante as festas do patrón ou a patroa  do pobo, vila ou aldea.

O caso é que, quen máis, quen menos, randeaba cando e como podía. Cousa de nenos.

Pero o que randeou esta semana o secretario xeral do PS de G., Valentín González Formoso, ben merece ser expresamente citado e todo porque, aproveitando a súa visita o xoves, 21 de xullo, á planta de Stolt Sea Farm ubicada na parroquia carnotana de Lira, malia ter sido recibida con desconfianza c ando se instalaba no lugar, é hoxendía (Formoso dixit)“unha das máis importantes do sector piscícola a nivel europeo”.

O líder dos socialistas galegos aproveitou a visita para reclamar para Galicia a competencia da xestión do dominio público marítimo-terrestre  e defender a continuidade das empresas do sector mar-industria radicadas na costa “polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego”, salientando ao mesmo tempo que a pesca “é un dos sectores estratéxicos a protexer” dada a súa condición de “centros de xeración de emprego no ámbito rural”.

Non  teño moi certo que o dito por González Formoso non chegue a colidir cos plans de futuro que o seu partido está a deseñar para esa zona marítimo-terrestre española á que el se referiu e contra a que xa se teñen expresado diversos colectivos representantes do sector conserveiro. En calquera caso será o seu problema ou unha cuestión que solucionen entre o secretario xeral galegp e o presidente do Goberno que promove cambios nese eido marItimo-terrestre. Pero englobar no sector pesqueiro a empresas como a visitada o xoves que, dixo, “necesariamente teñen que estar no dominio público marítimo-terrestre” cando debe saber que un amplísimo sector da pesca está en contra das piscifactorías polos nocivos efectos que estas causan no mar e, polo tanto, á pesca da que verdadeiramente viven milleiros de galegos -homes e mulleres-, chama a atención, como mínimo. Porque dou por feito que o secretario xeral dos socialistas galegos coñece perfectamente que unha piscifactoría non é unha conserveira, ao igual que esta non é unha fábrica de fariña de peixe, por máis que cada unha delas precise -máis ou menos- estar ubicada na polémica zona marítimo-terrestre que Formoso tan alegremente cita. Como tamén sabe que o sector pesqueiro galego, sendo moito máis importante no eido económico-social que o piscícola, non está a ser tratado do mesmo xeito ca este. E, se por riba, o secretario xeral dun partido político galego reclama para a industria piscícola unha maior atención, que deixa para o sector estrativo?. Máxime nestes momentos, cando máis apoio necesita, e cando moitos postos de traballo -ao igual que barcos- están sopesando ps pros e os contras de sed manter a frote.

Os mariñeiros galegos non pensan o mesmo. E supoño que o secretario xeral dos socialistas españois -e presidente do Goberno- tampouco- .

Randear todos randeamos alguna vez. É certo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.