A Feira do Libro de Rianxo bríndanos catro días de presentacións editoriais e espectáculos no Campo de Arriba e no Concello

20 Xullo 2022

Rianxo prepárase unha vez máis para ser a capital galega do libro. Será entre os días 22 e 25 de xullo, con motivo da celebración, no Campo de Arriba e no propio Concello (no salón de plenos), da nova edición da Feira do Libro, organizada pola Federación de Librerías de Galicia coa colaboración do Concello de Rianxo e outras entidades. O evento virá, como de costume, acompañado de múltiples actividades, enre presentacións editoriais, sinaturas e espectáculos familiares. A inauguración oficial está prevista para o venres 22 ás 13h, coa presenza do escritor Suso de Toro (autor da recente Un señor elegante, moi centrada na estreita relación da familia Baltar con Rianxo) e con vertente musical a cargo de Ferre & Susavila Jazz Casual.

Damos conta do do programa.

Venres 22

Todo o día

Alba López Paredes asina exemplares das sagas Nándidor e La leyenda de Noa na caseta da Librería Cándido

13 h

Inauguración oficial. Pregón a cargo de Suso de Toro e con intervención musical de Ferre & Susavila Jazz Casual

13:30 h

Espectáculo Mil maxias máis do Mago Antón na praza de Castelao

18:30 h

Presentación de Animalario de ler a diario de Eduard Velasco por Edicións Xerais na Carpa de Actos da Feira do Libro

19 h

Espectáculo Mil maxias máis do Mago Antón na Praza de Castelao

María Rey asina Vinte poemas de amor e unha canción desesperada na caseta da Librería Pedreira

19:30 h

Presentación de Eu son Exeria de Marisa Vidal Collazo por Editorial Galaxia na Carpa de Actos da Feira do Libro

20 h

Presentación de A marela ou amarela de Manu Sobral por Toxosoutos Editorial no Salón de Plenos do Concello

Espectáculo Mil maxias máis do Mago Antón na praza de Castelao

Manuel Iglesias Turnes asina Os soños de Miguel na caseta da Librería Pedreira

20:30 h

Presentación de Hijos de Gael de Rodrigo Costoya por Espasa Editorial na Carpa de Actos da Feira do Libro

21 h

Presentación de A píllara pillou a duna de Amancio Losada Vicente no Salón de Plenos do Concello

Espectáculo Mil maxias máis do Mago Antón na Praza de Castelao

22 h

Espectáculo Mil maxias máis do Mago Antón na Praza de Castelao

Sábado 23

Todo o día

Alba López Paredes asina exemplares da saga Nándidor na caseta da Librería Cortizas

12:30 h

Presentación de Castelao, constructor da nación vol. I, II e II de Miguel Anxo Seixas por Editorial Galaxia no Salón de Plenos do Concello

Adrián Morgade asina Xinfú Múxels Attacks na caseta da Librería Pedreira

Xesús Rábade Paredes asina Unha luz co tempo dentro na caseta de Librería Cándido

18 h

Cruz Martínez asina Uns aventureiros muito brutos na caseta da Librería Pedreira

Henrique Monteagudo asina O idioma galego baixo o Franquismo na caseta da Librería Cándido

18:30 h

Presentación de Final Feliz de Xavier Queipo por Edicións Xerais na Carpa de Actos da Feira do Libro

19 h

Rosalía Bermúdez asina 7 herbas máxicas na caseta da Librería Pedreira

20 h

Presentación de O rosario e a buguina de Xosé Ricardo Losada Vicente na Salón de Plenos do Concello

Amancio Liñares asina As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega na caseta da Librería Pedreira

Antía Yáñez asina Non penses nun elefante rosa na caseta da Librería Cándido

21 h

César Cequeliños e Jorge Campos asinan Historia da Galicia Pequeniña na caseta da Librería Pedreira

Concerto de Little Neno descobre… aos Beatles na Praza de Rafel Dieste

22:30 h

Concerto de Peixe de Xisco Feijoo na Praza Castelao

Domingo 24

Todo o día

Finy Sesmonde asina Fluyendo como el agua na caseta da Librería Cortizas

Alba López Paredes asina exemplares das sagas Nándidor e La leyenda de Noa na caseta da Librería Cándido

12 h

Actuación infantil de Extra! de Paco Nogueiras por Kalandraka Editora na Carpa de Actos da Feira do Libro

Robert L. Cagiao asina varias das súas obras na caseta da Librería Pedreira

Fon asina Cósmico, o bombeiro galáctico na caseta da librería A Gata Tola

12:30 h

Presentación de Taragoña na historia de Xosé Ramón Brea Rei e Río Adentro de Beatriz Pin no Salón de Plenos do Concello

18 h

Paula Cascallar asina Versos sacros na caseta da Librería Pedreira

19 h

Beatriz Pin asina Río adentro na caseta da Librería Pedreira

20 h

Presentación de O libro negro da lingua galega de Carlos Callón no Salón de Pleno do Concello

Andrea F. Maneiro asina Edénicas na caseta da Librería Pedreira

22:30 h

Concerto Castrexos de Son of Exodus na Praza Castelao

Luns 25 de xullo

Todo o día

Juan Prieto asina La primera meiga na caseta da Librería Cortizas

12 h

Kiko da Silva asina A silveira na caseta da librería A Gata Tola

12:30 h

Presentación de Feitizo no val de Xosé Manuel Lobato Martínez no Salón de Plenos do Concello

18:00 h

María Ovelar asina Las oceánicas na caseta da Librería Cándido

18:30 h

Presentación de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares por Editorial Galaxia na Carpa de Actos da Feira do Libro

19 h

Presentación de Xinque, máis alá de Ulises e de Anxo Muíños e Eila Gómez no Salón de Plenos do Concello

Juan Besada asina O teito de ferro na caseta da Librería Pedreira

20 h

Actuación infantil de Ramona Órbita de Pakolas por Editorial Galaxia na Carpa de Acto da Feira do

Libro

Presentación de Cando sangren os lobos de Adrián Gómez Ramos no Salón de Plenos do Concello

21 h

Presentación de O cronista imposible. A obra periodística de Wenceslao Fernández Flórez de Óscar Reboiras Loureiro no Salón de Plenos do Concello

Participantes

Libraría Cortizas

Libraría Pedreira

A Gata Tola

Libraria Ben ‐ Rianxo

Libraría Cándido

Nobel Boiro ‐ A libraría de Rosa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...