A temperatura superou nalgúns puntos da comarca os 40 graos neste martes 12 de xullo:
Muros Abelleira 40.35 graos ás 12.50 horas
Boiro Cespón 40.16 graos ás 15 horas
Ribeira Corrubedo 35.15 graos ás 15,40 horas
Ribeira Sálvora 35.44 graos ás 13 horas
Lousame Lesende 38.16 graos ás 14 horas
PROGNÓSTICO MÉRCORES:

A situación meteorolóxica continuará marcada pola presenza dunha masa de aire moi cálida impulsada pola combinación das altas presións e unha baixa relativa localizada ao norte das illas Madeira.
Deste xeito, haberá algún banco de neboa matinal no interior e ceos con nubes altas que non impedirán o paso do sol no resto. As temperaturas non terán cambios, polo que seguirán un día máis marcando valores moi elevados. Os ventos soprarán do leste e nordés nos litorais norte e noroeste e de dirección variable no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas.
Resumindo sen cambios na situación meteorolóxica, con aire cálido e estabilidade anticiclónica, polo que de novo agardamos temperaturas moi elevadas chegando ós 35 graos.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 21° 37° |
| Temperatura da auga (°C) | 20° |
| Índice ultravioleta máx. | 9 |

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:16 | 3.6 m |
| Baixamar | 10:21 | 0.6 m |
| Preamar | 16:37 | 3.9 m |
| Baixamar | 22:55 | 0.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:08 | 3.5 m |
| Baixamar | 10:13 | 0.7 m |
| Preamar | 16:30 | 3.8 m |
| Baixamar | 22:46 | 0.5 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:13 | 3.5 m |
| Baixamar | 10:18 | 0.6 m |
| Preamar | 16:34 | 3.8 m |
| Baixamar | 22:51 | 0.4 m |



