Este domingo a celebración de San Cristovo en Ribeira incluirá unha homenaxe aos camioneiros falecidos en accidentes e unha sardiñada en Aguiño

09 Xullo 2022

Os actos polo Día de San Cristovo volverán a Ribeira este domingo 10 de xullo cun programa de actividades que foi presentado na Casa do Concello por parte da concelleira de Cultura, María Sampedro; o párroco de Santa Uxía Alfonso Mera; e Paula Pena en representación da Asociación Alfaia.

O evento dará comezo ás dez da mañá cunha concentración de vehículos no Malecón, en tanto que as once haberá unha actuación do grupo de música tradicional Tahúme de Olveira.

Xa ás doce do mediodía, a Igrexa Parroquial de Santa Uxía albergará unha misa solemne en memoria das persoas falecidas en accidentes de tráfico e, en especial, aos camioneiros. Ao remate terá lugar unha ofrenda homenaxe no adro da igrexa.

Acto seguido celebrarase o tradicional desfile da imaxe de San Cristovo acompañado do grupo Tahúme e o motoclub Os Reventapistóns ata o porto, onde se realizará á bendición e posterior percorrido de todos os vehículos co seguinte itinerario: porto, García Bayón, paseo das Carolinas, avenida da Coruña ara a rotonda das Saíñas, regreso a Padín, Lepanto, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro e conclusión na Porta do Sol.

Sardiñada en Aguiño

Unha vez concluído haberá unha sardiñada na explanada porto de Aguiño por cortesía do gremio de transportistas.

Tanto María Sampedro como Alfonso Mera e Paula Pena animaron á veciñanza á sumarse a esta actividade tan enraizada no concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.