Este martes 5 de xullo celébrase o acto de clausura do curso 2021-2022 da Escola de Música (ESMU) de Porto do Son. Será ás 20.30 horas no auditorio Casa da Cultura da vila sonense. A cita será unha cita musical con formato de recital de piano. Este instrumento é de feito unha das grandes especialidades formativas da escola, xunto co coro e a lingua musical, entre outras.




