A AGASP despide aos novos policías locais do Son, Ribeira e Boiro

01 Xullo 2022

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou este venres 1 de xullo a 14ª promoción de Policía Local que se forma na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). O encontro organizouse con motivo da despedida ata outubro dos 117 alumnos e alumnas que a conforman, para desenvolver as prácticas nos respectivos concellos.

A meirande parte do alumnado formado cubrirá prazas convocadas por 29 municipios. Así na provincia da Coruña, os destinos son A Coruña, Betanzos, Fene, Ferrol, Narón, Ordes, Ortigueira, Porto do Son, Ribeira, Santiago de Compostela e Valdoviño.

Na de Lugo, cubrirán prazas Foz, Lugo e Viveiro, e na de Ourense, A Pobra de Trives, O Carballiño e O Barco de Valdeorras. Pola súa banda, en Pontevedra, os destinos son Bueu, Nigrán, O Grove, O Rosal, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilagarcía de Arousa.

A maiores, hai tamén alumnado procedente dos procesos de selección dos concellos de Oleiros, Boiro e Lalín, e do último proceso de selección de Policía Local de Vigo, que vén de sumarse ao convenio de colaboración entre a Xunta e os municipios galegos ao que están adscritas 89 entidades locais das 127 con corpos de Policía Local.

No encontro, Santiago Villanueva felicitou o alumnado polo seu esforzo no proceso de aprendizaxe e pola vocación de servizo público que demostra ao orientar o seu futuro laboral á protección e defensa das súas veciñanzas. Tamén tivo palabras de recoñecemento para o equipo da AGASP, que “coa súa profesionalidade e ben facer contribúe a que Galicia conte con persoal cualificado para afrontar os importantes retos que supón a seguridade cidadá”, dixo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.