105.000 quilos de centola comercializados na Lonxa de Ribeira

07 Xullo 2022

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre os resultados da campaña da centola en 2021-2022 a partir dos datos de primeira venda deste recurso nas lonxas e centros de venda autorizados de Galicia que reflicten os mellores datos en canto a capturas da serie histórica, que se remonta a 1997. A poxa desta especie acadou neste período cifras récorda o comercializarse máis de 676.000 quilos, o que confirma o bo estado do recurso en augas galegas, onde está sometido todos os anos a un plan de xestión aprobado pola Administración en consenso co sector.
Estes preto de 700.000 quilos supoñen un incremento do 7% con respecto á anterior campaña 2020-2021, que tamén resultou ser unha das mellores desde que se teñen rexistros. En termos de ingresos, os centros de primeira venda facturaron preto de 6 millóns de euros, cun incremento tamén próximo ao 7%.
Na pasada campaña participaron preto de 850 embarcacións de artes menores que descargaron unha media global de 3.500 quilos de centola ao día, co que a media por buque se situou nos 800 quilos. Estes datos tamén converte á campaña que acaba de rematar -a veda comezou o pasado 25 de xuño nas provincias da Coruña e Pontevedra e na de Lugo o pasado día 2- na máis eficiente da serie histórica.
Estes resultados dan continuidade á evolución das vendas deste crustáceo nos últimos anos, o que apunta a un bo estado biolóxico da especie froito das medidas de xestión adoptadas. A actividade derivada da captura desta especie contribúe a dinamizar os portos e a xerar actividade no sector hostaleiro, o que repercute na xeración de riqueza tanto a nivel local como no conxunto de Galicia.
Os plans de xestión aplicados nos últimos anos, nos que se inclúen as vedas, contribuíron a aumentar a biomasa reprodutora ao axustar a pesqueira ao ciclo de vida das especies, protexendo así a súa reprodución e favorecendo unha explotación máis sustentable. Para a elaboración de ditos plans, a Consellería do Mar traballa co sector pesqueiro e marisqueiro (representado polas federacións provinciais de confrarías da Coruña, Lugo e Pontevedra) e os informes técnicos realizados a tal efecto.
De feito, actualmente está en marcha a veda da centola da campaña 2022-2023, polo que nas provincias da Coruña e Pontevedra está expresamente prohibida a captura desta especie ata o vindeiro 6 de novembro e na de Lugo, ata o 27 dese mesmo mes.
Resultados por lonxas
O informe da Consellería do Mar destaca que, dos preto de 700.000 quilos de centola que se comercializaron nas lonxas galegas na campaña 2020-2021, a maioría pertencen a lonxas da provincia da Coruña (385.600 quilos), seguidas das da provincia de Pontevedra (265.000 quilos) e das de Lugo (25.900 quilos). Por centros, a lonxa da Coruña foi a que máis cantidade despachou (172.000 quilos), seguida das de Ribeira (105.000 quilos) e O Grove (94.300 quilos).

Outros artigos

A praia de Cabío converteuse nunha aula ambiental

A praia coñecida como Cabío acolleu este venres 10 de xullo unha actividade ambiental organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal dentro da programación vinculada á Bandeira Azul deste areal. Desenvolvida pola asociación de educación ambiental Amabul, a Xincana...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.