“Xa foi, mais nada mudou”. Antón Luaces

26 Xuño 2022

España, Europa e, en definitiva o mundo ten -temos, teñen- días moi especiais que van dende as conmemoracións locais ás nacionais, pasando polas autonómicas ou as internacionais sen outro obxectivo que o feito de facer memoria ou, na maioría dos casos, descargar as conciencias colectivas co afán de facer ver que existen, efectivamente, motivos para situar no primeiro plano da actualidade á nai, ao pai, ao avó, aos nenos, ao mar, á agricultura, ao medio ambiente e un longuísimo etcétera no que se integran os humidais, as aves, as forzas armadas e, obviamente, a xente do mar.

Si, tamén hai un “Día da Xente do Mar”, da que se dixo este sábado que “a capacidade de traballo e sacrificio da xente do mar nunca estará o suficientemente recoñecida”. Este día foi o sábado, 26 de xuño, festa da hipocresía local, provincial, autonómica, nacional, internacional e todo o que se queira formular  nun xogo absurdo no que tentamos facer ver a intención de  premiar (recompensar) co noso recoñecemento o labor impagable de aqueles que, indo ao mar, padecen nel as consecuencias da lonxanía, dos non salarios (hai aínda moitos traballadores que “van” á parte, é dicir: si pescan, cobran, e se non pescan, celebran o día da xente do mar cun chiquito a bordo ou unha Guinness negra acobadado na barra dunha taberna de San Xoán de Terranova, só por poñer un exemplo), da carencia de vacacións, das xornadas laboráis que nunca rematan, do cansazo acumulado, das horas sen durmir, dos pantocazos en Gran Sol, das xornadas de temporal constante. Sí, o Día Mundial da Hipocresía. O día no que compramos por dez euros o quilo de sardiñas que se venderon na lonxa a 90 céntimos, e dicimos que o peixe é caro.

O Día da Xente do Mar é un día máis de nos contar historias os uns aos outros, porque só os que están no mar saben ben o que é o seu día a día mentres que os que estamos en terra -mesmo representando os intereses deses homes do mar- enchemos a boca dicindo que nunca recoñeceremos “suficientemente”  a súa capacidade de traballo e sacrificio.

Que llo digan aos mortos do Villa de Pitanxo, por exemplo.

Efectivamente, alguén declarou o 26 de xuño como o Día da Xente do Mar.

Con que cara se pode dicir ou decidir isto, quen se pode arrogar o dereito a determinar a existenza dun día do home do mar cando nen siquera todos os armadores cotizan por eles en función dos días traballados, das horas de traballo cumpridas cada día, dos días de descanso que corresponden a ese homes do mar?  

Para min, verdadeiramente, é o Día da Hipocresía Indisimulada, cando en verdade todos en terra nos quitamos a máscara (nada de COVID) e nos achegamos ao portillo dos contos de cada marea para autoenganarnos e celebrarmos como hipócritas que somos que hai xente no mar grazas á que moitos viven ou vivimos coma Deus e afogamos os nosos sentimientos de culpa cada 26 de xuño, dous días dempois de queimar o tempo vello nas lumeiradas que agora prendemos nas praias para que as autoridades municipais fagan contas de cantos residuos quedan na area e cantos vidros (botellas) botamos nos contedores da noite meiga en comparanza cos guindados o ano anterior.

Este é o verdadeiro Día da Xente do Mar. Mañá será o Día da Poutada. Ou o da francada. Talvez o do salabardo. Ou, por que non?,  o do traxe de sobrevivencia que nunca está onde debera, ou o da balsa salvavidas que non funciona…

Sobran días e falta comprensión, participación, sociedade real e verdadeira.

Pero, home, coño,  se nen siquera poden votar exercendo o seu dereito cidadá!…

Outros artigos

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.