Volven en Ribeira os cursos de informática de verán para a rapazada

14 Xuño 2022

O Concello de Ribeira presentou este 14 de xuño as novas actividades formativas que ofrece esta tempada de verán a Aula CeMIT local, todas elas co nexo común de axudar á rapazada a dixitalizarse e mellorar o seu currículo en materia tecnolóxica. A concelleira de Innovación Tecnolóxica, Juana Brión, acompañada do axente TIC, Manuel Bello, deron a coñecer estas novas accións formativas gratuítas, que ademais de celebrarse na súa sede en Cubeliños viaxarán tamén ás parroquias de Aguiño e Olveira no ánimo de seguir descentralizando por parte do Concello este tipo de actividades.

As inscricións darán comezo ás 9 da mañá de mañá mércores 15 e estarán abertas ata o 25 de xuño. Pódense formalizar na propia aula ou ben a través da páxina web da mesma.

Tocante ao programa, no mes de xullo, haberá cursos de mecanografía-Write para nenos e nenas de 8 a 15 anos e inicio ao programación con Scratch para nenos de 12 a 15. En agosto haberá cursos de informática básica (para nenos de 8 a 12) e de deseño con Canva (de 12 a 15).

E no que se refire ás parroquias, os cursos que se desenvolverán en xullo e agosto serán de informática básica e internet, estando dirixidos a nenos de 8 a 12 anos. En Aguiño terán lugar na Aula Multimedia xunto á sede da Confraría, e en Olveira na Casa de Cultura de Bretal. Cómpre ter un mínimo de catro persoas para poder celebralos.

Así mesmo, a concelleira e o axente TIC informaron de que tanto os martes como os xoves de verán en horario de 9 a 10 horas a Aula CeMIT permanecerá aberta para todas aquelas persoas que desexen utilizar os seus ordenadores para realizar xestións e outras tarefas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...