Veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

23 Xuño 2022

Antón Luaces.- A veda anual da centola na zona litoral comprendida entre A Guarda e cabo Corrubedo (Ribeira) e de cabo Corrubedo ata a Estaca de Bares, comezará o vindeiro sábado, 25 de xuño, para rematar o 6 de novembro. Entre a Estaca de Bares e o río Eo (incluída a ría do Barqueiro) a veda vai comezar o sábado, 2 de xullo, prolongándose ata o 27 de novembro.

Así o determina o plan de xestión da centola e do boi para a campaña 2022-2023 publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia, que marca vedas diferenciadas para ambas as especies. Este ano non se permite a extracción de centola nas provincias da Coruña e Pontevedra desde as 00,00 horas do 25 de xuño ata as 00,00 horas do domingo, 6 de novembro. Na provincia de Lugo a veda levarase a cabo entre as 00.00 horas do 2 de xullo e as 00,00 horas do 27 de novembro, domingo.

No caso do boi de mar, a veda estabelecerase en todo o litoral de Galicia desde as cero horas do sábado 3 de setembro ata as 00,00 horas do domingo, 6 de novembro.,

Queda polo tanto expresamente prohibida a captura destas especies a todas as embarcacións por medio de calquera arte en augas galegas- De feito, as nasas dedicadas á captura de centola ou boi deben ser retiradas do seu calamento e trasladadas a porto.

Still life of seafood with crab and shrimp

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...