Unha ducia de marcas presentarán as súas novidades na III Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e de Ocasión de Ribeira

13 Xuño 2022

Quen queira coñecer a mobilidade que vén, a que está chamada a solucionar boa parte da problemática actual asociada ao transporte individual (prezos desorbitados de carburante, contaminación nas cidades, normativas cada vez máis restritivas cos motores que tiran de combustíbeis fósiles, falta de dispoñibilidade de vehículos pola falta de compoñentes, etc), vai ter ocasión de informarse ao detalle das novas propostas do mercado no marco da terceira edición da Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e Vehículos de Ocasión. Será en Ribeira esta finde, entre o 17 e o 19 de xuño.

Organiza novamente a Asociación de Empresarios de Ribeira. Será na céntrica praza de España e con entrada gratuíta. Novamente será posíbel probar algúns dos vehículos expostos, co fin de coñecer as moitas prestacións que ofrecen.

A feira contará coa presenza de trece marcas de vehículos que darán a coñecer as súas últimas novidades na gama híbrida e eléctrica, e algunha presentación en exclusiva. A previsión e xuntar na explanada da praza de España máis de 120 unidades para “que toda a veciñanza do Barbanza poida coñecer de primeira man os produtos innovadores que presentan as diferentes marcas”, sinalaron dende a patronal de Ribeira. Marcas como Peugeot, Kia, Hyundai, Citroën, Nissan, Dacia, Renault, Ford, Fiat, Jeep, BMW, Mercedes e Toyota.

A Asociación de Empresarios de Ribeira, consciente da escaseza de vehículos novos e co obxectivo de impulsar un mercado en auxe, inclúe nesta edición da feira un apartado de vehículos de ocasión, sendo o obxectivo “ofrecer ao cliente a posibilidade de levarse o vehículo no mesmo momento de realizar a compra”.

A patronal salientou na presentación do evento, a semana pasada, os importantes descontos cos que contarán os vehículos expostos na feira.

Presentación do programa da feira, a semana pasada na sede da patronal de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.