A área sanitaria de Barbanza e Santiago sumou un novo falecemento por covid, o que eleva o total de mortes desde o inicio da pandemia en 486. Este é o dato que recolle o SERGAS no seu último parte, no que informa que se mantén o número de igresados con 69 enfermos, seis deles no complexo sanitario de Barbanza.
Na conxunto da área sanitaria, a cifra de casos positivos segue en aumento con 2.194 persoas contaxiadas e 226 foron diagnosticadas na última xornada. A pesar de que se trata dun número importante, supón unha redución de case medio centenar con respecto ao parte anterior.




