Un accidente múltiple deixa dous feridos de consideración en Rianxo

Policía Local Rianxo

Unha colisión “por arremetida” provocaba na tarde noite deste xoves un grave accidente de tráfico no concello coruñes de Rianxo.

Segundo informa a Policía Local rianxeira, o sinistro rexistrábase ao redor das 21.05 horas cando, por causas que se investigan, produciuse unha colisión entre varios vehículos, provocando feridas de consideración a algúns dos seus ocupantes.

Finalmente, foron dous as persoas que tiveron que ser trasladadas en ambulancia a un centro sanitario. Trataríase da condutora e acompañante dun dos dous vehículos involucrados no accidente, segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, que sitúa em punto do accidente na estrada DP 7203, preto da saída da Autovía do Barbanza AG-11, no lugar de Pazo.

Ata o lugar do accidente, cuxo tráfico se viu afectado mentres se procedía á evacuación dos feridos e a retirada dos coches involucrados, desprazarse #vos axentes da Garda Civil de Tráfico do destacamento de Santiago, ademais de efectivos de protección Civil e Bombeiros de Boiro, que procederon á limpeza do vial.