“Triste e lamentable” – José Manuel Pena

29 Xuño 2022

Todos temos algún familiar, amigo ou veciño próximo que tivo que emigrar, nalgún momento da súa vida, en busca de oportunidades. Uns de maneira legal e outros moitos sen papeis que puideron legalizar a súa situación, no país de acollida, tras ter a sorte de atopar un posto de traballo. Algo similar sucede, actualmente, cos centenares de inmigrantes ilegais que cada mes se achegan ás fronteiras con Europa para saltar o Estreito ou cruzar o Mediterráneo para buscar unha nova oportunidade, ante a miseria, a guerra ou a falta de emprego e recursos nos seus países de nacemento ou residencia.

Temos que deixar de ser hipócritas e non rachar as vestiduras cando vemos os asaltos multitudinarios aos valos de Ceuta ou Melilla, mesmo co resultado de mortes, porque é algo demasiado habitual. Moitos outros inmigrantes xa quedan polo camiño ou ben sofren todo tipo de abusos por parte das autoridades competentes, con total impunidade. Aí seguimos mirando para outro lado, porque non vai connosco e non vemos as imaxes nos medios de comunicación.

O triste e lamentable é que os africanos máis vulnerables continúan sendo masacrados polos africanos máis ricos ou poderosos co beneplácito dos gobernos democráticos de países europeos que teñen intereses económicos e empresariais neses territorios.

En Marrocos, Senegal, Mauritania, Alxeria, Guinea, Nixeria, Camerún e outros países africanos a democracia e a liberdade brilla pola súa ausencia. A miseria económica e social da maior parte da súa poboación é evidente. Os abusos de autoridade e a total impunidade dos gobernos converten en meros súbditos aos seus cidadáns. Por iso non teñen nada que perder e lánzanse á aventura de atopar unha vida digna, a pesar do risco para as súas propias vidas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...