“Tía Manuela: Que atendan á xente”. Luís Celeiro

08 Xuño 2022

Bos días! Bos días! -para isto marque o un, para aquilo marque o dous, para non sei que marque o tres, o catro, o cinco, o seis… ou agarde. Despois de escoitar con atención os ditados da máquina locutora, aquel cidadán non recordaba cal era o número que tiña que teclear e tampouco atopaba no seu exuberante aparato a forma de marcar. Agardou ata que se cortou a comunicación (a incomunicación), a pesar de que “enseguida lle atende un operador”. Nada, era a pouca forza do home contra a intelixencia da electrónica, da informática e dos espoliadores armados con tanta tecnoloxía.
-Os nosos axentes están ocupados, por favor, sega á espera, non se mova, non fale, non toque os botóns do aparello que ten nas mans e saiba que o noso horario é flexible. Estamos ao seu servizo! Sega as indicacións da páxina web e cubra debidamente o modelo 600. Se pide cita a través de internet, pode entregalo persoalmente en calquera oficina deste organismo, en calquera das provincias, cando lle digan, de luns a venres, de nove a catorce horas. Cando lle digan!
Grazas, odiada máquina; esa que ten unha intelixencia tan artificial como a que a creou e que é perfectamente capaz de converterse en adversario e de interpretar os improperios cos que o cliente se despide silenciosamente da funcionaria. Menos mal que chegou María coa explicación. Estaba baseada na súa intelixencia natural e no seu coñecemento adquirido, na súa humildade e na súa formación como eminente xestora.
Hai coincidencia plena. A burocracia apodérase do sistema, as administracións quedan diminuídas polos efectos colaterais da ignorancia e polo dominio da telemática, os empregados públicos, de calquera organismo ou servizo, funcionan ás cegas e os directivos están en permanente situación de reciclaxe. Cales serán os obxectivos?
Algúns ven que se abanea o edificio común e laméntano, outros entenden que o edificio é alleo aos seus intereses e hai quen pensa que é seu, exclusivamente seu e dos seus. Hai pareceres e opinións distintas e hai unanimidade en considerar á burocracia como un mal moi difícil de erradicar. Pola contra, medra e engorda sen parar, “igual que as herbas malas”.
Aos que mandan e ordenan na progresiva desfeita e a todos os da propaganda gobernamental, aos da máquina e aos da telemática, a Tía Manuela dilles claramente, e sen resentimento, “que se deixen de contos e que atendan á xente”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...