“Tía Manuela: Cómpre resignación”. Luís Celeiro

22 Xuño 2022

Aquela señora tan elegante, con uñas postizas e anteollos de cor negra, cunha cabeleira que alumeaba como un faro acendido, e outras lentes atadas a un cordón, a modo de colar arredor do pescozo, e pousadas nas súas tetas, quería saber se tiña ou non tiña esa enfermidade da que tanto se fala e da que, ao parecer, pouco se sabe, a Covid-19. Como as súas preguntas non tiñan reposta clara e rotunda, enervábase de tal maneira que o silencio de todos os presentes naquela sala, podía
cortarse coa navalla.
“Eu non tiven a Covid, ou si?” Quen sabe! Mellor dito, ninguén sabe. Se teño esa enfermidade, que lle vou facer!, dicía o camareiro do restaurante onde estaban preparando para xantar, “curala e calar, que por falar ninguén che dá nada”. Parece que o camareiro era decidido partidario de calar, convencido da importancia do silencio, “outra forma de falar ou, máis ben, de berrar”.
Referente ao comportamento das persoas coa Covid, hai para todos os gustos dentro do enorme
desgusto dos positivos. Están as persoas que foron contaxiadas, unha ou varias veces, e non
souberon nada, nin o saben. Noutro grupo, están os que o saben pero calan, non din nada, esas
taciturnas que queren morrer caladiñas, que se interesan pouco polos outros e menos pola
propagación da enfermidade, aínda que saiban da súa facilidade para estenderse e de que os seu
efectos son socialmente perigosos.
A xestión da pandemia está nas mans dos cidadáns, nas dos cidadáns responsables e, máis aínda,
nas daqueles que non o son, se é que os hai. A Covid anda no ambiente, no pensamento normal dos
normais, na mirada de cadaquén, no sorriso e na carteira gardada no peto do pantalón. Anda
espallada e facendo das súas, por aquí e por acolá.
Os síntomas e o que contas son dous elementos imprescindibles para o diagnóstico, para que, a
través dunha chamada ou dunha videochamada, o médico poida proceder á administrar algún
remedio. Despois xa vas seguindo os informes por medio do teléfono móbil, quen o teña, ou con
internet dende a casa, se é necesario dende a casa da veciña.
Aquela señora alporizábase e con razón. Cáelle o pelo, agrándaselle o bocio, bracúñanlle os dentes,
trémenlle as mans e sente como lle doe o corazón. Ten razón a tía Manuela, “para falar de saúde e
de gobernanza, cómpre resignación”.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.