Servizos Sociais de Ribeira ofrece este verán cinco charlas sobre saúde e educación para persoas maiores

23 Xuño 2022

A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira achegará este verán un ciclo de charlas adicadas á saúde e á educación. Estarán enmarcadas no programa municipal para a terceira idade. Foron presentadas na mañá deste 23 de xuño pola concelleira Ana Barreiro, acompañada da psicóloga do CIM, Ángeles Pazos, e por Nieves Sobrido.

Son un total de cinco charlas e unha sesión de relaxación, que se desenvolverán cada unha delas no Lustres Rivas de Ribeira, na Casa de Cultura de Carreira e no Centro Multiusos de Palmeira, tendo unha duración de unha hora e media. A iniciativa rematará cunha sesión de relaxación para todos os asistentes:

1-O concepto de tolemia a través do tempo

4 de xullo: en Carreira, de 10:30-12:00 na Casa de Cultura

6 e 8 de xullo en Ribeira de 10:30-12:00, aula de Lustres Rivas

7 de xullo en Palmeira, de 10-12:00 no pavillón polideportivo.

2-Psicopatías célebres levadas ó cine

-11 de xullo : en Carreira, de 10:30-12:00 na Casa de Cultura

-13 e 15 de xullo en Ribeira de 10:30-12:00, aula de Lustres Rivas

-14 de xullo en Palmeira, de 10-12:00 no pavillón polideportivo

3-O estiqma da enfermidade mental

-18 de xullo : en Carreira, de 10:30-12:00 na Casa de Cultura

-20 e 22 de xullo en Ribeira de 10:30-12:00, aula de Lustres Rivas

-21 de xullo en Palmeira, de 10-12:00 no pavillón polideportivo.

4-Trastornos mentais que se repiten na familia.

-25 de xullo: en Carreira, de 10:30-12:00 na Casa de Cultura

-27 e 29 de xullo en Ribeira de 10:30-12:00, aula de Lustres Rivas

-28 de xullo en Palmeira, de 10-12:00 no pavillón polideportivo.

5-Estilos de ensinanza

-1 de agosto: en Carreira, de 10:30-12:00 na Casa de Cultura

-3 e 5 de agosto en Ribeira de 10:30-12:00, aula de Lustres Rivas

-4 de agosto en Palmeira, de 10-12:00 no pavillón polideportivo.

6-Sesión de relaxación

-8 de agosto : en Carreira, de 10:30-12:00 na Casa de Cultura

-10 e 12 de agosto en Ribeira de 10:30-12:00, aula de Lustres Rivas

-11 de agosto en Palmeira, de 10-12:00 no pavillón polideportivo.

As persoas interesadas en participar poden anotarse presencialmente no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao número 981 874 131.

Obradoiros

Por outra banda, Ana Barreiro lembrou que proseguen os obradoiros de memoria nas parroquias, estando previsto que rematen o vindeiro 21 de xullo.

A edil aproveitou tamén para recordar que en outubro comezará o curso 2022-2023 do programa de

dinamización social e cultura das persoas maiores e animou a anotarse no mesmo a partir da última semana de agosto agora que xa non haberá as restricións motivadas pola pandemia destes últimos anos.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.