Seis novos concertos no trixéximo aniversario de Heredeiros da Crus

04 Xuño 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou xunto a Herdeiros da Crus a xira do seu 30 aniversario. foto xoán crespo

A Xunta de Galicia súmase ao trixésimo aniversario da banda galega Heredeiros da Crus impulsando a celebración de seis novos concertos que se sumarán así á xira deste ano. En concreto, como anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, hoxe durante a presentación da iniciativa, colaborarase na
celebración de concertos en Catoira, Valga, Pantón, Lalín, Vilanova de Arousa e Muros.
O titular de Cultura da Xunta puxo en valor a traxectoria desta banda que se converteu “nun dos fenómenos musicais máis grandes de Galicia” ao ter conseguido construír un “selo propio no panorama roqueiro galego de todos os tempos”. Referiuse á “contundencia das súas letras” e tamén á “enerxía e humor despregados no escenario” como parte do seu éxito, ao que se suma o facer “do seseo e da gheada unha das súas principais bandeiras”, indicou.
Salientou, ademais, que o apoio a estes concertos enmárcase na política cultural da Xunta de Galicia por impulsar diferentes iniciativas “que permitan reflectir a pluralidade e diversidade da nosa música e a nosa cultura”, indicou. Neste sentido, fixo referencia ao apoio do Goberno autonómico á música galega a través de diferentes iniciativas.
Apoio á música galega
Entre elas referiuse á recentemente aberta liña de axudas para que as bandas podan emprender xiras ou concertos por toda Galicia, vencellando ademais neste ano aos proxectos asociados directamente desde o Xacobeo “que converten a estas agrupacións en embaixadoras da nosa cultura a nivel global”. Súmanse apoios ao desenvolvemento do talento audiovisual, iniciativas como Cultura no Camiño para música e artes escénicas, axudas a festivais, á distribución de música para xiras, asistencia a feiras, entre outras. En
total, case 3 M€ para potenciar a variedade e as oportunidades na escena musical galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...