Ribeira dará saída a rutas en catamarán a Sálvora e pola ruta do mexillón

01 Xuño 2022

O Concello de Ribeira informou de que este sábado 4 de xuño comezan as saídas en catamarán á illa de Sálvora, con partida fixada para as 10.00h do porto de Ribeira (na rampla que está en fronte da oficina de Correos). As datas de saída en xuño serán os días 4, 18 e 25. En xullo e agosto as saídas serán os mércores e sábados pola mañá e pola tarde a ruta do Mexillón.

As características de cada unha das rutas foron presentadas este mércores 1 de xuño, en rolda de prensa, por parte do concelleiro de Turismo, Ramón Doval; acompañado da técnica deste departamento Irene Maneiro e de Ana Pérez en representación de Golfiño, a empresa local promotora desta actividade en colaboración con Cruceros do Ulla – Turimares.

Doval salientou que “o turismo náutico está crecendo de xeito exponencial” e que “a ría de Arousa é un dos lugares máis privilexiados para practicalo”, en tanto que Ana Pérez puxo en valor “os beneficios que este tipo de actividade entrañan para a hostalería e o comercio local”.

As saídas do mes de xuño serán as seguintes:

Días: 04, 18 e 25. Saídas á illa de Sálvora.

Embarque no Porto de Ribeira, no peirao de pasaxe.

Horario: De 10 a 14.30 horas.

Prezo:

Adultos: 25 €

Nenos/as de 3 a 12 anos: 10 €

Menores de 3 anos: Gratis.

O prezo inclúe:

Viaxe en catamarán de ida e volta á illa de Sálvora.

Guías acreditados do Parque Nacional Illas Altánticas.

Visita guiada á aldea de Sálvora e ao Faro.

Meses de xullo e agosto

Visita á illa de Sávora.

Saídas desde o porto de Ribeira todos os mércores e sábados.

Horario: de 10 a 14.30 h.

Prezo:

Adultos: 25 €

Nenos/as de 3 a 12 anos: 10 €

Menores de 3 anos: Gratis.

O prezo inclúe:

Viaxe en catamarán de ida e volta á illa de Sálvora.

Guías acreditados do Parque Nacional Illas Altánticas.

Visita guiada á aldea de Sálvora e ao Faro.

Ruta do Mexillón

Saídas desde o porto de Ribeira todos os mércores e sábados.

Horario: de 17.30 a 18.30 horas.

Prezo:

Adultos: 17 €

Nenos/as de 3 a 12 anos: 9 €

Menores de 3 anos: Gratis.

Inclúe: Ruta en catamarán pola ría de Arousa, visita guiada ás bateas e visión submarina das súas cordas de mexillón ou os fondos mariños da ría de Arousa e degustación a bordo de mexillóns ao vapor e viño da terra ou refresco.

Máis información e inscricións:

– Na caseta turística que Cruceiros do Ulla ten na avenida do Malecón en Ribeira (na nova estación de autobuses).

– Nas oficinas de Golfiño Xestión de Ocio. Lugar do Touro, nº 1 en Ribeira.

– No teléfono: 623 482 754

Outros artigos

Comezaron en Ribeira as obras de mellora do parque Pedra Pateira

O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron este mes de marzo as obras para poñer a punto o parque infantil de Pedra Pateira, no barrio de Bandourrío (Santa Uxía). A actuación contempla unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, novos...

+

Ana Peleteiro: nai e medallista no Mundial Indoor de Glasgow

Antón Luaces-. Aos seus 28 anos, a atleta ribeirense Ana Peleteiro, especialista en triplo salto, acadou a medalla de bronce no seu retorno á pista cuberta após ser nai. Foi nesta fin de semana e a súa medalla a primeira española na final do Mundial indoor de Glasgow...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...