Este mércores celebrase o Rianxo Solidario: “Mercado Solidario” e “Loco Festival de ACNUR”

O alumnado e o profesorado de 4ª da ESO e Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do Instituto de Educación Secundaria Felix Muriel levan traballando duramente dende hai varias semanas na organización e posta en marcha de dúas actividades solidarias O Mercado Solidario e o Loco Festival.

Promovidas por ACNUR (axencia da ONU para a axuda a refuxidos e refuxiadas) para proveer ás crianzas nesa situación de material escolar e sanitario.

Así mesmo, contouse coa colaboración do Concello quen facilitou sen dudar, recursos e espazos municipais como o Posto do Mercado e o Auditorio co equipamento técnico necesario para levar a cabo todas as actuacións.

As dúas actividades desenvolveranse durante a mañá do mercores 15 de xuño.

O Mercado Solidario, en marcha dende as 9.30 da mañá, consistirá nun posto de prendas, obxectos, libros e diferentes elementos doados polas familias do instituto, e comerciantes da localidade como O Cesar, demostrando unha vez máis a súa implicación coas causas solidarias. Os prezos serán simbólicos, dende 1 euro ata 10, xa que do que se trata realmente é de agradecer cos elementos cedidos as doacións; imprescindibles para comprar material escolar e sanitario para as rapazas e rapaces dos campos de persoas refuxiadas. Situaranse na Praza do Concello e arredores por onde tamén estáran distintas persoas tocando e cantando para amenizar a mañá e recaudar o que os transeuntes queran doar.

O Loco Festival desenvolverase no Auditorio de Rianxo dende as 11.30 ata as 13:00. E conta tamén coa colaboración solidaria de alumnado do IES Muriel, como Carolina, Xian e Icía e de agrupacións recoñecidas de Rianxo como o Grupo de Teatro “Airiños” ou a membros da Banda Municipal.Tamén o alumnado da Escola de Rañó quixo poñer o seu graniño de area a esta boa causa e os tan recoñecidos Pinto D´Herbón e Luis Caruncho que regueifaran para todas as persoas que colaboren con esta boa causa coa cantidade de 2 euros, que é a aportación solidaria coa entrada ao Auditorio.

As mozas de DE VACAS, que non puidendo estar enviaron unha selección de elementos (camiseta, chapa, pendrive…) que se sortearan co número da entrada que garante non só o disfrute das distintas actuacións senón que abre a posibilidade de gañar diferentes premios e sorpresas.

As entradas estarán dispoñibles no instituto e na taquilla o mesmo día.