“Renovar a frota pesqueira para fomentar a remuda xeracional”. Antón Luaces

07 Xuño 2022

Axeitar as necesidades das rexións pesqueiras á nova Política Pesqaueira Común (PPC) é o principal obxectivo do decálogo de liñas estratéxicas elaborado pola Comunidade Autónoma de Galicia en consenso co sector e os grupos parlamentarios.

Neste senso Galicia aposta por unha PPC que favoreza a renovación da frota, de cara a fomentar a remuda xeracional, unha das eivas máis significativas dos últimos tempos no sector pesqueiro galego.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou este martes nun debate sobre a aplicación da PPC enmarcado na xornada organizada pola Xunta e a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) na Coruña. A conselleira apostou pola introdución de melloras a bordo das embarcacións así como as tecnoloxías verdes para ofrecer mellores condición de traballo e f hacer máis atractiva a profesión para a mocidade.

Outras medidas defendidas por Galicia procuran o fomento da participación da muller, o control que permita que só entren no mercado europeo produtos pesqueiros de países que cumpran coas normas establecidas ou nunha homoxeneixación da fiscalidade.

Este decálogo forma parte do ditame elaborado polo Consello Galego de Pesca a prol dunha política pesqueira común social e de futuro, dun comercio pesqueiro xusto, dunha pesca sustentable, da adaptación ao cambio climático e da co-gobernanza global.

Pola súa banda a secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, defendeu que a PPC do futuro debe ser debe ser tan cobizosa como apegada á realidade e contar coa experiencia do sector pesqueiro.

Compre ter en conta, dixo, que “na UE hai unha importante demanda de produtos pesqueiros cun alto valor biolóxico e unha Baixa pegada de carbono; e ao mesmo tempo cóntase cun sector profesionalizado e competente que quere e sabe traballar para satisfacer unha demanda”.

O futuro do sector, dixo tamén, pasa por ser rendible, competitivo, moderno e innovador, que vaia da man da ciencia, que conserve os recursos, que coexista de xeito ordenado e respectuoso con outras actividades emerxentes, que proporcione traballo decente e que continúe formando parte da cultura e tradición das rexións españolas.

A nova política pesqueira comunitaria ten que asegurar, dixo Villauriz, a competividade da sustentabilidade medioambiental cos aspectos sociais e económicos da actividade pesqueira e do territorio no que se asenta.

Tamén se referiu á necesidade das interacción entre distintos stocks, as peculiaridades de cada pesqueira, o cambio climático e as actividades económicas que comparten espazo nesta actividade, amosando asimesmo a necesidade de afondar na obriga do desembarque e asegurar que a súa aplicación sexa proporcionada e realista, simplificándoa e adaptándoa á realidade das distintas pesqueiras. Cualificou de positivos os avances na consecución do rendemento máximo sustentable (RMS) en numerosas concas e especies, e salientou o relevo xeracional como un dos principais desafíos do sector.

Outros artigos

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Rosmando”. Xulio Xiz

Rosmando”. Xulio Xiz

Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en...

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Con lo que cuesta la compra de un tanque, para la guerra, podrían comer unas 30.000 personas”. “900 euros es lo que cuesta insertar a una persona para el mundo laboral”. “Hace mucho tiempo que ya es difícil creer en la mayoría de los políticos, no es de recibo que se...