“Prohibir a minería submarina pero con parques eólicos na costa” – Antón Luaces

27 Xuño 2022

Dende vai varios anos o sector pesqueiro europeo amosa o seu rexeitamento á minería submarina (da que moitos barcos de pesca comunitarios teñen coñecemento directo pola experiencia obtida dos traballos nese eido practicados en distintos lugares, especialmente en augas perto dos caladoiros do Gran Sol nos que faenaban). Estes traballos afectaron ás distintas especies -comerciais ou non- que habitan a zona, o que resulta evidente prexudicou ao stock de tal xeito que era imposible a práctica da pesca marítima, véndose os barcos na obriga de poñer proa cara outros caladoiros coa incerteza do descoñecemento do grao de prexuízo que as investigación mineiras submarinas poderían causar tamén máis aló dos lugares nos que daquela se practicaba.

De calquera xeito o posicionamento en contra desa práctica mineira tanto por parte dos pescadores como das distintas organizacións marítimo-pesqueiras, ecolóxicas e mesmo de determinados estados membros da UE, está facendo que eses traballos mineiros polo menos -xa que non se eliminaron- si se reduciron notablemente.

Non así, sen embargo, os da eólica mariña na costa cantábrica que, malia o absoluto rexeitamento que esta produce -especialmente en Galicia e Asturias- semella que nin os gobernos autonómicos nin o central e, moito menos, as empresas interesadas no negocio, están interesados en parar os preparativos para facer realidade os devanditos parques eólicos.

Esta negativa á eólica mariña quedou evidenciada na recente reunión celebrada en Xixón por entidades ecolóxicas, profesionais e civís que fan seu o Manifesto de Burela que establece as liñas vermellas para os xa anunciados proxectos a levar a cabo na costa cantábrica.

Estes proxectos de implantación de centrais eólicas mariñas en augas do Cantábrico non son “compatibles coa actividade pesqueira e a conservación dos ecosistemas mariños”. A afectación á pesca, aos caladoiros e ecosistemas mariños, mesmo chegan a comprometer a produción de alimentos para as persoas.

Rexeitar a eólica mariña non é renunciar á descarbonización e o apoio á xeración de enerxías limpas para reducir as emisión de CO2 pero “sen que se poñan en perigo outros sectores de actividade como a pesca”.

Nin sequera existe información abondo sobre o grao de afectación da biodiversidade mariña ou fixar principios de precaución antes de proceder a calquera desenvolvemento desta industria no mar. E alertan de que as consecuencias da súa implementación “poidan ser irreparables e de efectos de cambios imprevisibles no medio mariño e con inpactos descoñecidos que comprometan ás futuras xeracións”.

O “Manifesto de Burela” -unha guía de futuro- fai fincapé en que os pescadores son “os primeiros en detectar desequilibrios no medio mariño”. E sendo así, non é precisamente o sector pesqueiro un defensor da creación deses parques eólicos mariños que, xunto coa minería submarina van coutando cada vez máis as xa escasas posibilidades de pesca tanto para a baixura como para os barcos de altura e gran altura.

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

Se llama valle alto, todo verde un pequeño rio marca frontera, antaño el viento rompía el silencio en su ausencia, hoy solo un solitario mugido, dos vacas al fondo, mas allá 4 puntos blancos, son las ovejas de tía Filomena, las vacas del tío Aurelio. Él me lleva a un...