Presentada a XXII Regata Ramiro Carregal Rey

09 Xuño 2022

O Salón Nobre do Real Club Náutico Portosín acolleu a presentación da 22 edición da Regata Ramiro
Carregal Rey, emblemática proba que organiza o club portosinense en colaboración co Club Náutico e Deportivo de Riveira.
Presidido o acto por Ramiro Carregal Rey, asistiron ao mesmo representantes da xunta directiva do Real Club Náutico Portosín, entre os que se atopaban, Fernando González e José García, Comodoro e
Vicecomodoro, respectivamente, que actuaron de anfitrións, así como Juan Francisco Pouso e Manuel Dean, concelleiros de deportes e turismo do Excmo. Concello de Porto do Son; Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; José Luís Torres Colomer, presidente do Club Náutico Deportivo de Riveira; e Isaac Gaciño, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín.
A XXII Regata Ramiro Carregal Rey disputarase os días 18 e 19 de xuño, con dous percorridos costeiros: un longo o sábado que levará á frota desde a Ría de Muros e Noia ata a de Arousa, nun trazado de gran
beleza paisaxística, con Corrubedo e o Paso de Sagres próximo a Sálvora, Vionta e Noro, que fan do seu rumbo uno dos máis belos das Rías Baixas.

O segundo, na xornada dominical, será algo máis curto en millas, pero de similar beleza paisaxística ao contornear Sálvora por expreso desexo de Carregal, xa que ben é coñecida a súa paixón pola Illa que en tempos chegou a ser da súa propiedade.
“O domingo pretendemos dar a volta a Sálvora, saíndo desde Riveira e deixar a illa por babor ou por estribor, dependendo das condicións meteorolóxicas”, comenta González. “E esa é a gran novidade, tras 21 edicións realizando barloventos-sotaventos o segundo día da regata, o que lle dará un maior colorido ao evento e un gran atractivo pola paisaxe da Ría de Arousa”, apostila o Comodoro de Portosín.

“Un ano máis o Cub Náutico Deportivo de Riveira colabora con Portosín nesta regata, na que Ramiro ten gran interese e eu sempre digo o noso club irmán, aínda que non haxa nin documentos nin protocolos
asinados, pero convivimos e axudámonos como irmáns”, dicía Torres Colomer na súa intervención.
“A Copa de Galicia que está en xogo e que agora se atopa en posesión do Náutico de Portosín, é unha copa de prata doada por Alfonso XIII a un grupo de deportistas e que despois se perdeu co tempo,
sendo recuperada nunha poxa por un destacado socio deste club como é Carmelo Puertas, que a fixo chegar á Federación”, explicaba Villaverde, máximo expoñente do ente velístico galego.

E é que na Ramiro Carregal Rey non só está en xogo o Gran Trofeo Faro de Corrubedo, senón tamén a emblemática Copa de Galicia de Cruceiros, ambos os baixo o acubillo e resgardo de Portosín.
Carregal, pola súa banda, lembrou os inicios da regata que promove e que leva o seu nome, como “unha regata moi importante porque a xente tíñalle medo ao ter que atravesar Corrubedo e cualificárona como
unha regata de categoría”, dicía. “Teño que felicitar ao Club de Portosín porque foi crecendo ao longo destes anos e agora loce moitos paus nos seus pantaláns”, culminaba dicindo o promotor e benefactor da vela do Barbanza.

Outros artigos

Estabilizado o incendio forestal da parroquia de Ribasieira

Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 45 hectáreas A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de...

+

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.