“Persoal de correos denuncia recortes de dereitos laborais.”Antón Luaces

28 Xuño 2022

Traballadores de reparto rural de Correos en Galicia reclaman a actualización do suplemento por uso de vehículo propio por persoal rural e denuncian os recortes de dereitos laboráis e de servizos que o organismo estatal está a aplicar na Comunidade Autónoma. Os carteiros rurais están a perder cartos co reparto de correo.

Segundo informa o sindicato CIG -cuxos delegados sindicais de Correos realizaron este martes unha mobilización en Pontevedra- o suplemento que paga Correos pola achega do vehículo está conxelado dende o ano 2011 “e o carburante vai camino dos tres euros por litro”. Por este motivo coidan urxente que Correos convoque as organizacións sindicais para abordar unha suba compensatoria  para un persoal que xa ten os salarios devaluados polo incremento dos prezos. “Os traballadores públicos denuncian unha perda do 17% do poder adquisitivo nos últimos dez anos” e, ao mesmo tempo, que o rexistro de Santiago está suprimido dende o día un de maio, cando era o único que quedaba en Galicia (o rexistro é unha canle de comunicación entre a empresa e os traballadores) polo que agora calquera empregado que queira dirixirse ou tramitar oficialmente calquera solicitude deberá gastarse os cartos nun envío por procedemento administrativo. Critican os traballadores que o peche deste rexistro cree unha discriminación  entre os traballadores en Galicia a respecto das demáis Comunidades nas que ese rexistro se mantén activo. Ao mesmo tempo advirten  sobre o recorte de recursos por falta de contratación de persoal, que se vai agravar este verán. A empresa escúdase na baixada do volume de traballo e mesmo na dificultade de realizar contratos coa reforma laboral. Escusas, afirma a CIG, “para non cubrir as prazas vacantes, os contratos por baixas, vacacións  ou calquera outra circunstancia”.

Todo isto provoca que haxa barrios sen repartir e que os carteiros teñan que “multiplicarse” por varias seccións de reparto coa correspondente mingua na calidade do servizo.

“Correos gasta centos de miles de euros en propaganda dos servizos de bancos, pago de tributos ou venda de produtos que dempois non se poderán realizar por falta de persoal e, nalgúns casos, tamén por falta de productos nas oficinas”.

Expoñen os sindicalistas da CIG o precario mantemento da frota de vehículos de Correos: rodas gastadas, pantallas das motos raiadas, limpa parabrisas en mal estado, etc. E outras eivas moi graves que, afirma a CIG, están a sufrir diariamente os traballadores de Correos no territorio galego. Neste senso chaman a atención sobre o mal funcionamento dos sistemas informáticos nas oficinas e no reparto (PDA) que se bloquean acotío, xerando colas e queixas das persoas usuarias destes servizos.

Outro problema grave da empresa é o exceso de xefaturas, xa que cada ves son máis  en comparación ao número de postos base: rfecentemente nomearon outros 1.000 postgos de xefatura, col que se sitújan xa en preto de 10.000.

En canto ás retribucións económicas, o colectivo de traballadores de Correos tamén sufre unha considerable perda de poder adquisitivo, acumulada desde un ano 2011 con conxelacións  salariais e subas por debaixo do IPC, así como penalizacións e descontos polas baixas ao persoal laboral. A isto compre sumar, afirman, a falta de transparencia nas bolsas de contratación, pois non son accesibeis para os candidatos que as componen, impedindo deste xeito o control de posibles chamamentos indebidos

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

Se llama valle alto, todo verde un pequeño rio marca frontera, antaño el viento rompía el silencio en su ausencia, hoy solo un solitario mugido, dos vacas al fondo, mas allá 4 puntos blancos, son las ovejas de tía Filomena, las vacas del tío Aurelio. Él me lleva a un...