Oito concellos da nosa comarca xa contan coa cobertura 5G de R

13 Xuño 2022

R fixo este mes de xuño un novo e completo balance sobre a presenza da súa tecnoloxía 5G na xeografía galega. Segundo fixo saber a operadora con sede principal na Coruña, xa son 140 os concellos da nosa terra onde a empresa proporciona cobertura 5G. “Esta tecnoloxía”, salienta R, “multiplica por 10 a velocidade dos datos, reduce a latencia ao mínimo e permite xestionar unha cantidade inxente de información”. No caso da nosa comarca, estamos a falar de oito municipios: A Pobra, Boiro, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes e Muros.

A xeito de novidade, a operadora anuncia que os clientes de móbilR disporán desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración en zonas cubertas, con independencia da tarifa que teñan contratada (sempre que teñan un terminal compatíbel coa 5G).

Amais, R agarda que ao longo de 2023 sexa posíbel acadar, en materia de 5G, a mesma cobertura que hoxe existe en Galicia de 4G. O obxectivo, indica a empresa, “é conseguir que a comunidade poida competir con calquera mercado ao máximo nivel e os fogares e empresas da comunidade dispoñan dos servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio”.

Estes son os beneficios máis destacados que a tecnoloxía 5G lles vai ofrecer aos/ás seus/súas

clientes/as:

· “Maior velocidade de navegación e de baixada, para descargar películas e vídeos en tempo récord”.

· “A mellor calidade de imaxe en todos os servizos”.

· “Descarga e suba de arquivos a toda velocidade e accesos ás redes sociais nas mellores condicións”.

· ·Menor latencia, con acceso case inmediato ao navegador e ás aplicacións móbiles, aplicacións de vídeo, gaming, etc”.

· “Máis persoas conectadas ao mesmo tempo; ao dispor dunha maior velocidade gozarán da súa conexión sempre nas mellores condicións de calidade de servizo”.

· “Novos servizos: Realidade Virtual ou aumentada case en tempo real”.

Cobertura estatal do 57%

No balance, R fai saber que o 57 % do territorio nacional dispón de cobertura 5G co servizo da

operadora, co que” moitos viaxeiros clientes nosos poderán gozar da nova tecnoloxía fóra de Galicia dende este mesmo verán en gran parte de España”, explica, poñendo o foco nos esforzos levados a cabo para facer posíbel esta presenza da 5G: esforzos despregados pola empresa en materia de infraestrutura e no ámbito da migración, trasladando aos seus usuarios particulares á nova rede cunha “cobertura sensibelmente mellorada”.

Municipios, por provincias, con 5G en Galicia

A Coruña: Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cee, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Valdoviño e Vedra.

Lugo: Barreiros, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Sarria, Sober, Vilalba e Viveiro.

Ourense: Allariz, O Barco de Valdeorras, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Lobeira, Maside, Monterrei, Ourense, Piñor, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Toén, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Pontevedra: Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...