O Siradella renova para Portosín o Gran Trofeo Faro de Corrubedo

Segunda xornada da XXII Regata Ramiro Carregal Rey, moi diferente á disputada o sábado entre Portosín e Ribeira, onde o vento e a mar foron os grandes protagonistas.

Domingo para avezados mariñeiros e valentes tripulacións, que navegaron Sálvora no seu contorno con ondas que chegan aos tres metros, cunha compoñente no vento do norte e máis de 25 nós estables no refacho.

Tras a saída celebrada nas inmediacións do Náutico de Ribeira, colaborador co Real de Portosín na organización da regata, os veleiros puxeron rumbo cara a Sálvora, pasando antes por de o desmarque
fondeado polo comité, a media milla de distancia.

En pouco máis de dúas horas, o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, completaba o periplo, con manobras perfectas a bordo do IMX 40, proporcionándolles un novo triunfo, que sumado ao do sábado, dáballes a vitoria nesta edición da Ramiro Carregal Rey e, polo tanto, a renovación da custodia do Gran Trofeo Faro de Corrubedo, nas vitrinas do seu club, o Real Club Náutico Portosín.

Os de Gude e Álvarez vencía tamén na súa División de Regata, seguidos polo Yokounkoun III, de Adolfo Castro, do Club Náutico Portonovo. Pechaba o podio o Moucho, de Daniel Ayaso, do Club de Ribeira.

Nos Cruceiro/Regata, os titulares do caixón foron os membros do equipo do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, que se facían co triunfo final. Segundos posicionáronse os coruñeses do Impresión 3D Atlántico, do Real da Coruña, sendo terceiros o Ronáutica Mariñas, de Jorge Carneiro, do Club Náutico San Telmo.

Nos Cruceiro vencía o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico Boiro. A posto prata era para o Galopín- Success Scream, de Manuel Franco, do Club Náutico e Deportivo de Ribeira, pechando co
bronce o Orlando, de Manuel Bermúdez, do Ro Yacht Club de Combarro.

A entrega de premios, que se celebrou a media tarde, estivo presidida por Ramiro Carregal Rey, asistindo á mesma os alcaldes de Porto do Son e Ribeira, Luis Oujo e Manuel Ruiz, respectivamente; os presidentes de ambas as entidades deportivas, José Luis Torres Colomer e Jorge Arán, de Ribeira e Portosín; o patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño; así como membros das dúas xuntas directivas dos clubs.