Este sábado comezou a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

24 Xuño 2022

A veda da centola na parte litoral que vai desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares comeza este sábado 22 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 6 de novembro, día incluído. Na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares e o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, a veda comezará o 2 de xullo, sábado, e prolongarase ata o vindeiro 27 de novembro, día incluído.

Así o establece a resolución pola que se aproba o plan de xestión da centola e do boi para a campaña 2022-2023, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e que neste caso establece vedas diferenciadas para as dúas especies. Segundo se estipula, este ano está prohibido extraer centola nas provincias da Coruña e Pontevedra desde as 00.00 horas do sábado 25 de xuño ata as 00.00 horas do domingo 6 de novembro. Na provincia de Lugo a veda prolongarase das 00.00 horas do sábado 2 de xullo ata as 00.00 horas do domingo 27 de novembro.

Mentres, no caso do boi, a veda prolongarase en todo o litoral de Galicia desde as 00.00 horas do sábado 3 de setembro ata as 00.00 horas do domingo 6 de novembro.

Estes períodos de veda significan que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte en augas de Galicia. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...