O Rompetiño Fest presenta máis novidades nesta recta final antes do seu comezo

06 Xuño 2022

Xa vai quedando menos para o inicio dunha das grandes citas de cultural urbana e xuvenil do ámbito galego e estatal: o Rompetiño Fest 2022 de Porto do Son, que comeza a súa actividade este primeiro de xullo e que, segundo fixeron saber os organizadores, terá prolongación máis tarde, os días 24 e 25 de setembro en Zamora (Aldehuela), onde celebrarán un evento complementario: o Prozession Fest. Será un día de música (o 24) e dous de deportes e cultura urbana (24 e 25). As actuacións celebraranse no Auditorio Ruta de la Plata, que é un escenario aberto e con capacidade para 6.000 persoas. O cartel inclúe actuacións de Yung Beef, J. Dose, Dollar Selmouni, Israel B e outros artistas aínda por confirmar.

Por outra, os directores do evento (Luis Pazos e Francisco Alvite) deron a coñecer tamén máis detalles da nova edición na vila sonense, cun programa que inclúe novidades como o 3×3 de baloncesto ou unha actividade de baile e acrobacias chamada rompedance. Ademais, darase especial pulo (nesta edición postpandémica) á vertente deportiva do Rompetiño, con demostracións, obradoiros e competicións.

O programa inclúe nomes tan destacados como os de Bárbara Lago (gran promesa española da música tecno), Yung Beef (alcume de Fernando Gálvez, cantante e produtor de trap e reguetón granadino), Hard GZ (as siglas baixo as que se agocha o rapeiro galego Pedro Ruibal, un dos artistas máis puxantes do panorama musical galego e estatal) o rapeiro Sticky M. A. (un dos artistas máis innovadores da música estatal, con máis de cen mil seareiros nas redes sociais e membro do colectivo Agorazein) ou Costa (prestixioso rapeiro gaditano e realizador audiovisual, pertencente ao colectivo Gamberros).

O Rompetiño celebrarase os días 1, 2 e 3 de xullo en Porto do Son. O cartaz, que vén cunha vintena de artistas, complétase coa presenza de destacados nomes, como por exemplo os de Dollar Selmouni, Sofía Gabanna, Dirty Suc, Kaixo, Astray, Gloosito, Erin, Ergo Pro & Ill Pekeño, Steve Lean, Lowlight, Kike Varela, Santorino e Martín Pérez.

Este ano a organización quixo poñer o foco nas creadoras e creadores da nosa terra: unha puxante escena galega que non só destaca polas promesas e os futuros nomes que van camiño de aparecer nas letras máis grandes dos carteis dos festivais, senón tamén polos nomes máis consagrados. O programa do Rompetiño, como de costume, inclúe unha marcada vertente deportiva, con exhibicións e competicións centralizadas nunha explanada portuaria de Porto do Son recentemente reformada que será sen dúbida o escenario perfecto para a ocasión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...