O PSOE reclama á Xunta que garanta todo o ano o servizo de pediatría no Centro de Saúde do Son

21 Xuño 2022

A deputada socialista Noa Díaz reclamou á Xunta que “garanta durante todo o ano o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Porto do Son, cubrindo de xeito inmediato as ausencias da única profesional que presta alí o servizo”. Fíxoo este martes 21 de xuño, durante unha visita á vila xunto ao representantes locais do PSdeG.

Segundo explicou, “o concello de Porto do Son sofre dende hai anos o abandono no seu servizo de pediatría, que funciona de maneira deficitaria ao non cubrir as baixas ou licenzas da súa única profesional, o que provoca que cando a pediatra non acude ao centro por causas xustificadas, a veciñanza ten que ir deambulando dun centro a outro da comarca para ser atendida”.

Díaz dixo que se chegou ao punto de que as nenas e nenos “sexan convidados a agardar á tarde para poder acudir ao PAC de Ribeira ou desviados a outros centros de saúde nos que os e as profesionais xa se manifestaron contrarios a esta decisión pola imposibilidade de prestar atención pediátrica a máis doentes cos mesmos recursos”.

Para a parlamentaria, a atención sanitaria no Barbanza “adoece de falta de atención por parte da Consellaría de Sanidade, que prexudica esta comarca ao non garantir a cobertura de profesionais, o que repercute de maneira global en todos os concellos, xa que provoca a saturación dos centros de saúde máis próximos”, alertou.

A socialista rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para “urxir á Xunta unha solución á problemática que permita ofrecer un servizo de calidade ás nenas e nenos do municipio”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.