O PSOE de Noia instará á Xunta a iniciar a reforma do plan local de saneamento

21 Xuño 2022

O Grupo Municipal Socialista de Noia rexistrou para o seu debate no pleno ordinario de xuño unha moción para instar á Xunta de Galicia a iniciar a reforma do Plan de Saneamento de Noia. Os socialistas poñen o foco na situación de praias como a de Testal, onde novamente as súas augas obteñen unha clasificación sanitaria final insuficiente, o que representa cinco tempadas consecutivas acadando a dita etiqueta e onde se volve pendurar a prohibición permanente de baño. “Isto”, din os socialistas, “é algo que a Corporación municipal non debe nin normalizar nin aceptar”.

Dende o G. Municipal do PSdG-PSOE indican que “como representantes dunha cidadanía que vive principalmente do mar, debemos solicitar ás autoridades competentes que cumpran ca súa función e, dunha vez por todas, fagan todo o posíbel para acadar o saneamento integral de toda a ría de Noia”.

Consideran os socialistas que están amparados por “razóns medio ambientais e económicas, a nivel marisqueiro coma turístico”, e engaden que “non podemos permitir que siga pasando o tempo e vendo como as administracións non solucionan unha cuestión que a cidadanía non pode aceptar, como é que a nosa praia non sexa apta para o baño e non fagamos nada para remedialo”.

Tal como indicou o voceiro Roberto Iglesias no pasado pleno, “consideramos que a prioridade número un do Goberno municipal debe ser conseguir que se mellore o saneamento, vemos urxente solicitar que dende a Xunta de Galicia se comecen a dar todos os pasos para poñer en marcha unha solución axeitada, unha vez identificada no Plan Director de Saneamento, presentado xa hai uns meses”.

Por todo isto, o PSdG-PSOE presenta unha moción cos seguintes acordos:

1.-Instar á Xunta de Galicia a iniciar o proxecto da identificada como solución número 3 no Plan Director de Saneamento de Noia, e a súa inclusión nos orzamentos do ano 2023.

2.- Solicitar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o encargo dun estudo da contaminación na desembocadura do río Tambre, a posíbel afectación na actividade marisqueira e que identifique as solucións para mellorar a calidade das augas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...