O Freixo festexa a cultura do mar na súa primeira Feira Náutica, que comeza o 1 de xullo

17 Xuño 2022

O Freixo (Outes) vai dar acollida este verán a un relevante acontecemento relacionado co mar, coa nosa historia e coa nosa identidade: a primeira Feira Náutica do Freixo, organizada dende o Concello. Serán dous días de actividades, entre o 1 de xullo e o 3 de xullo, a desenvolver no Centro Náutico da dita vila mariñeira.

Presentación en maio da Feira Náutica

O programa, entre outras cousas que se irán desvelando estes días, incluirá unha feira sectorial, unha convocatoria de bolsas de emprego, unha mostra de embarcacións tradicionais e máis o desenvolvemento de travesías marítimas (por exemplo saídas en kayak de balde que permitirán ás persoas participantes navegar até as proximidades da praia de Broña, Tavilo, O Albán e mesmo até a illa da Creba; ao que se engaden travesías no histórico balandro Joaquín Vieta ou a bordo das embarcacións das empresas participantes no evento).

Tamén están programados roteiros divulgativos, demostracións, degustacións e obradoiros de gastronomía, amais de música e “infinidade de actividades a carón do mar”, segundo informou o Concello na presentación da feira.

As inscricións poden facerse online a partir do luns 27 de xuño.

A feira vai dirixida ao público en xeral e a profesionais do sector. Darase especial prioridade á participación de empresas do concello de Outes vencelladas ao mar e integradas a través dun programa de actividades dirixido a “visualizar, reivindicar, promocionar, e gañar volume de negocio, dándolles a oportunidade de poñer en valor a súa actividade ante os visitantes e de establecer contactos de cara a potenciais contratos, colaboracións, intercambios e adquisicións de produtos e servizos”.

Segundo informaron fontes do Consistorio, os obxectivos da feira é “mostrar a esencia e identidade marítima da zona así como o destacado patrimonio da contorna vencellado ao mar, á súa cultura e á súas actividades económicas asociadas”.

Actividades e localizacións

Náutico do Freixo (interior):

– Mostra Fasquías 3D de elaboración en 3D de maquetas de barcos tradicionais.

– Mercado de produtos do mar.

– Presentación do novo número da revista Nova Ardentía.

Palestras: sobre arqueoloxía mariñeira e marisqueo a cargo de Lupe Jiménez, e sobre embarcacións tradicionais da ría da man de Vázquez Lijó.

Náutico do Freixo (exterior)

– Concertos de De Vacas, a Ukestra do Medio, A Tajea e Xurxo Souto e sesións DJ de Reich.

-Espazo gastronómico e de descanso dinamizado musicalmente con sesións picadiscos a cargo de DJ Vil e DJ Daasanach e coa presenza de establecementos de restauración da zona e da Confraría ofrecendo elaboracións gastronómicas con produto da zona.

– Punto de encontro das rutas guiadas:

* Visita para interpretar a evolución e contextualización histórica do Freixo e da parroquia de San Xoán de Sabardes, dando a ver a importancia histórico-patrimonial da poboación e os vencellos co mar derivados da privilexiada situación do seu porto, así coma a argumentación histórica da eclosión da carpintaría de ribeira dando resposta a unhas necesidades concretas, tanto económicas (a importancia da industria da salgadura na zona) coma sociais (cabotaxe).

* Visita interpretativa dos carpinteiros cos pés mollados: esta ruta litoral visualizar permitirá visualizar un espazo “histórico” onde se realizaba un traballo artesanal vinculado directamente coa actividade da pesca e o marisqueo. Visitaranse dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para apreciar o traballo que se realizaba neles. Tamén se poderán ver moitos restos da pegada destas carpinterías que durante sesenta ou setenta anos foron o sustento de medio milleiro de familias da zona.

*Visita guiada Lonxa do Freixo.

*Visita guiada a estaleiros da contorna.

*Pantaláns. Mostra de embarcacións tradicionais con izado de velas no mar, navegación pola ría, demostracións de manobras en terra e visitas ás embarcacións; e embarcacións en exhibición das empresas do sector participantes.

*Paseo marítimo: feira sectorial con representación das empresas da zona e outras entidades relacionadas co sector náutico; embarcacións en exhibición das empresas participantes; mostra de embarcacións tradicionais en seco; e obradoiros de pesca e carpintaría de ribeira

*Actividades no mar: travesías en kayak, travesías a bordo do Joaquín Vieta e travesías a bordo das embarcacións participantes na iniciativa.

Ficha Técnica:

Nome da iniciativa: Feira Náutica do Freixo, en Outes

Datas: 1, 2 e 3 de xullo de 2022.

Localización: Ribeira do Freixo, Concello de Outes.

Entidade promotora: Concello de Outes.

Entidade colaboradora: GALP Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia. Programa de Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.

Outros artigos

A mostra “Do mar e da terra” da Deputación pódese ver en Portosín

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Portosín acolle estes días a exposición Do mar e da terra, con entrada libre. Trátase dunha mostra itinerante impulsada pola Deputación da Coruña coa que se busca difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...