O Executivo ribeirense explora cos usuarios do Conservatorio de Aguiño melloras no edificio ante a liña de axudas de eficiencia enerxética

01 Xuño 2022

As edís do Concello de Ribeira Ana Barreiro, Juana Brión e María Sampedro mantiveron na tarde de onte un encontro de traballo cos representantes das distintas entidades que son usuarias do edificio do Conservatorio de Aguiño para consultar e consensuar posibles actuacións a emprender no inmoble ante o lanzamento de axudas dirixidas á mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos.
En concreto, o Executivo pretende presentar unha proposta arquitectónica á convocatoria por parte do Ministerio de Transporte de Mobilidade e Axenda Urbana do PIREB: o Programa de Impulso á
Rehabilitación de Edificios Públicos de Entidades Locais, que conta cun orzamento de 600 millóns de euros. Este programa ten por obxecto reducir, alomenos, un 30% o consumo de enerxía primaria
non renovable e potenciar a habitabilidade mellorando a accesibilidade física, cognitiva ou sensorial dos inmobles e o mantemento e a sustentabilidade ambiental de todo tipo de edificios de uso público.
Hai que recordar que o Concello está levando a cabo outras melloras da eficiencia enerxética en infraestruturas municipais como é o caso da UAD (unha intervención a piques de rematar), do Conservatorio Municipal de Ribeira ou do Centro Social de Corrubedo: dúas actuacións estas últimas que foron adxudicadas recentemente e están pendentes de que comecen as obras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.