“O esencial é invisible aos ollos” – Manuel Domínguez

29 Xuño 2022

O esencial é invisible aos ollos.

Así pois, hoxe queremos lembralo.

Antoine Marie Jean-Baptiste Roger, conde de Saint-Exupéry (Lyon, 29 de xuño de 1900 – Mar Mediterráneo, preto de Marsella, 31 de xullo de 1944), coñecido como Antoine de Saint-Exupéry, foi un aviador e escritor francés, autor da famosa obra O principiño.

Entre xuño e xullo, 122 anos do seu falecemento e 78 do seu accidente mortal, queremos render homenaxe a un dos libros máis lidos da historia, a pesar dos anos pasados segue sendo de actualidade, é un canto á vida, ao amor, á amizade, é un profundo sentimento, para non estendernos só poremos unhas frases que definen o libro, traducido en mais de 250 idiomas, din que é o segundo libro mais traducido do mundo despois da Biblia.

Pode en principio aparentar que é un libro para nenos, que talvez, a miña opinión é un libro para persoas que queiran ver o mundo doutra maneira, para a familia, para xente sensible, que sabe que hai algo máis alá do horizonte, un libro de actualidade, un libro de profundos valores.

“Es o dono da túa vida e as túas emocións, nunca o esquezas. Para ben e para mal”.

“Débese pedir a cada cal, o que está ao seu alcance realizar”.

“Foi o tempo que pasaches coa túa rosa o que a fixo tan importante”.

“Non era máis que un raposo semellante a cen mil outros. Pero eu fíxenlle o meu amigo e agora é único no mundo”.

“É unha tolemia odiar a todas as rosas só porque unha che picara. Renunciar a todos os teus soños só porque un deles non se cumpriu”.

“O esencial é invisible aos ollos”.

E con esta frase finalizo, entendendo que todos compartimos ese sentimento, é un libro para gozar, diría máis, é un libro que nos axuda a ser felices, no posible.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.