O Consistorio de Ribeira exhibe unha mostra do traballo do obradoiro local de artes plásticas dos maiores

23 Xuño 2022

O Consistorio Municipal de Ribeira alberga dende a mañá deste xoves 23 de xuño unha nova exposición integrada por máis de 70 obras elaboradas polas case trinta persoas que estiveron participando no obradoiro de artes plásticas para maiores organizado polos Servizos Sociais do Concello.

A concelleira desta área, Ana Barreiro, xunto coa súa compañeira de Cultura, María Sampedro, e co profesor do taller, Fernando Yáñez, foron os encargados de abrir esta mostra (boa parte dos autores estiveron presentes) que permanecerá no Concello ata o próximo 29 de xullo.

O conxunto de obras que comprenden esta proposta (pinturas e debuxos) comezaran antes da pandemia e puideron retomarse unha vez a circunstancias sanitarias permitiron retomar o obradoiro de artes plásticas.

Guernica

Como colofón, parte do alumnado recreou de maneira colectiva a coñecida obra do Guernica, coa particularidade de facela en cor. Ademais, como curiosidade, na composición fíxose porque faltase un elemento simbólico do lenzo de Picasso: a pomba da paz, que decidiron non plasmar por mor da guerra en Ucraína coa esperanza de que, no caso de finalizar o conflito bélico mentres a mostra está exposta, achegarse á Casa do Concello e completar o cadro.

Outros artigos

Ribeira celebrará este domingo 25 de febreiro o seu Xantar de Maiores

O Concello de Ribeira celebra este domingo o Encontro das Persoas Maiores no Pavillón da Fieiteira. Espérase dar acollida a máis de 870 persoas maiores de 55 anos ou xubiladas. O evento comezará ás 12:00 horas coa celebración relixiosa na Igraxa Parroquial de Santa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...