O Concello de Boiro adxudica as obras para a mellora da eficiencia enerxética no CEIP Santa María do Castro

14 Xuño 2022

O Concello de Boiro vén de adxudicar as obras para a mellora da eficiencia enerxética do CEIP Santa María do Castro. O proxecto, dun orzamento de 114.925,80 euros conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único Concellos (POS+2021).

A obra que se vai a executar consiste na realización do illamento térmico exterior no edificio principal do dito centro de ensino. Na actualidade a clasificación enerxética do centro clasifícase como moi deficiente (G), explica o Concello, engadindo que “coa realización do sistema de illamento STAE previsto o inmóbel pasará a unha situación media-baixa (E)”.

O sistema de illamento STAE que se contempla para a execución deste proxecto está composto de placas de illamento térmico de polistireno. Mediante estas actuacións, ademais de mellorar a eficiencia enerxética, vanse eliminar pontes térmicas, humidades por condensación e colonizacións de fungos, así como obter unhas axeitadas condicións de confort interior e salubridade dun edificio destinado a centro de ensino.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.