O comercio de Ribeira segue este sábado unha nova edición da “Noite aberta” que achega descontos, produtos de calidade e lecer para a rapazada

Tal como vimos informando en “obarbanza.gal” desde este venres celébrase unha nova edición 2022 da Noite Aberta, a campaña de dinamización comercial impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira. 

Celebrarase esta fin de semana, os días 3 (venres) e 4 de xuño (sábado). O horario será o venres ata as 21.00 horas e o sábado ata as 22.00 horas, un evento no que van participar máis de 40 establecementos, “un éxito rotundo de participación” segundo o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude. Destacan, por sectores e por participación dos mesmos, os de complementos, calzado, hostalaría, deportes, papelería e produtos de perruquería. Coma nas anteriores edicións os locais implicados achegarán grandes descontos á clientela.

O sábado, si o tempo o permite celebrarase a festa da escuma e inchables acuáticos. A Noite Aberta está subvencionada pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira.