O comercio de Ribeira achega descontos, produtos de calidade e lecer para a rapazada nunha nova edición da Noite Aberta

02 Xuño 2022

Este 2 de xuño presentouse en Ribeira un dos grandes eventos comerciais e empresariais da tempada na nosa comarca: a edición 2022 da Noite Aberta, a campaña de dinamización comercial impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira. Celebrarase esta fin de semana, os días 3 (venres) e 4 de xuño (sábado). O horario será o venres ata as 21.00 horas e o sábado ata as 22.00 horas. Segundo confirmou o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, van participar no evento máis de 40 establecementos, “un éxito rotundo de participación”. Destacan, por sectores e por participación dos mesmos, os de complementos, calzado, hostalaría, deportes, papelería e produtos de perruquería. Coma nas anteriores edicións os locais implicados achegarán grandes descontos á clientela.

Para “animar a campaña” o sábado a partir das 16.00 horas habilitarase na praza de España unha área de lecer para a rapazada, con inchables acuáticos e unha gran festa da escuma. Será unha actividade de balde para todas as nenas e nenos. Esta vertente de lecer complementarase na rúa de Lugo cun tobogán inchábel acuático de 110 metros, ao cal poderase acceder con tíckets de cmpra dos establecementos participantes na campaña.

A Noite Aberta está subvencionada pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira.

Francisco Martínez quixo lanzar un convite á cidadanía da comarca na presentación do evento, celebrada esta mañá na sede da patronal: “Animamos a toda a veciñanza do Barbanza a vir de compras este fin de semana e aproveitarse dos descontos e da animación nas rúas de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.