O Colexio Bayón primeiro centro educativo en completar o Camiño “A Orixe”

15 Xuño 2022

A primeira tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, recibiu esta mañá a unha
representación de dezasete alumnos de Secundaria do Colexio Bayón que participaron nun proxecto multidisciplinar que xirou en torno ao Camiño de Santiago A Orixe.
Así, o alumnado de ESO desta escola converteuse no primeiro centro educativo en completar as seis etapas da ruta xacobea barbanzana (tamén algún curso de Primaria realizou algunha etapa puntual),
principiando no faro de Corrubedo e rematando coa misa do peregrino na Catedral de Santiago.
Montse Martínez, que interveu no acto celebrado no salón de plenos no nome do claustro de profesores (tamén estivo presente a súa compañeira María José Rivas) manifestou que o citado proxecto
abrangue un amplo espectro de actividades que teñen como obxectivo principal o coñecemento e valoración do patrimonio máis próximo, o impulso dunha vida saudable e o uso da lingua galega,
experimentando con novas formas de comunicación e incentivando a creatividade como ferramenta de aprendizaxe.

Neste senso, a medida que ían completando as etapas os alumnos foron recompilando vídeos, fotografías e datos que deron como resultado a realización de distintos traballos, como a creación dun
blog (https://caminodaorixe.blogspot.com/), e elaboración de trípticos sobre a experiencia e unha revista dixital.
Na sesión de hoxe, varios dos alumnos presentes explicaron o proceso de creación destes traballos, dos cales se entregou unha mostra á tenente de alcalde.
María Sampedro felicitou ao alumnado e profesorado do Colexio Bayón por levar a cabo este proxecto ao longo do curso e por poñer en valor o Camiño A Orixe.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.